Cervo, 9 de novembro de 2018.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, programa novos obradoiros de motivación e reforzo para o alumnado de primaria, nesta ocasión son cursos de educación socioemocional –dirixidos aos nenos e nenas de 1º a 3º de educación primaria-; e de técnicas de estudo –para o alumnado de 4º a 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO-.
Os obradoiros serán impartidos pola Psicóloga Iria Díaz, na Casa da Cultura de San Cibrao.
En concreto, o programa de Educación Socioemocional bautizado como “os contos de mochil”, impartirase todos os xoves en horario de 18:00 a 19:00 horas desde o 22 de novembro ata o remate do curso escolar. Nel traballarase a autoestima, a resolución de conflitos, a empatía, a autonomía, a convivencia e abordaranse técnicas de autocontrol, entre outros aspectos.
Pola súa banda, o obradoiro de técnicas de estudo dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO, impartirase os martes, de 19:00 a 20:00 horas, ata fin de curso, e abordaranse diferentes estratexias de comprensión lectora, técnicas mnemotécnicas, traballarase o resumo e o esquema e tamén se avaliarán as estratexias de estudo individuais.
Este mesmo obradoiro dirixido ao alumnado de 4º a 6º de primaria, terá lugar cada martes en horario de 17:30 a 18:30 horas; e os nenos e nenas que asistan traballarán tamén as estratexias de comprensión lectora, proporcionaránselles as ferramentas para a planificación e o desenvolvemento de hábitos de estudo e diferentes técnicas para a ampliación do campo visual.
As persoas interesadas en inscribirse ou en recibir máis información poden achegarse á Casa da Cultura, ou chamar ao teléfono 982.59.51.57.
O Concello de Cervo decidiu programar unha nova edición destes obradoiros dada a gran acollida que tiveron o curso pasado: o programa FORTIUS –no que se traballou a prevención de dificultades emocionais, contribuíndo ao desenvolvemento dunha personalidade saudable-; e o taller PÁRATE E PENSA –encamiñado a mellorar a concentración e a reflexividade, incidindo no manexo das emocións-.
O rexedor, Alfonso Villares, fixo fincapé en que estes obradoiros non foron concibidos como clases particulares de apoio nin moito menos; senón que por medio deles e da man de persoal cualificado “pretendemos brindarlle ao alumnado as ferramentas necesarias para contribuír a desenvolver as súas habilidades; algo que, directa ou indirectamente, tamén pode influír na mellora do seu rendemento escolar”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



