Foz, 6 de novembro de 2018. O Concello de Foz organiza unha nova edición do ciclo de charlas médicas que comezará este xoves e abordará temas como o cancro de mama, a nutrición saudable e o bo uso dos medicamentos. As conferencias terán lugar os días 8, 15 e 22 deste mes de novembro, na Casa da Cultura focense. A presentación tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira; que estivo acompañado da xerente e da directora médica do Hospital Público da Mariña, María José Cortés e Eva López; e de Ramón Couto, responsable da Asociación Local de Loita contra o Cancro en Foz.
“Desde o Concello de Foz queremos informar a todos os veciños de Foz de da Mariña que o próximo xoves, ás oito da tarde, na Casa da Cultura, empeza unha edición máis das charlas médicas, este ciclo que se fai os xoves do mes de novembro. A verdade é que temos un cartel estupendo para as tres charlas e unha nova colaboración da Asociación de Loita contra o Cancro de Foz, que dará a primeira charla este xoves, que ofrecerá a psicóloga que colabora coa asociación, Carmen Rubiños, e o motivo é o impacto psicolóxico da enfermidade oncolóxica tanto no paciente como na familia. A psicóloga da asociación quere mostrarnos como se debe afrontar esa mala noticia e como se pode xestionar para poder axudarlle á enfermidade. Agradecemos a cooperación, este ano como novidade, da Asociación contra o Cancro de Foz, poñendo unha charla que é de gran interese dentro do mundo da saúde”, explicou o rexedor municipal.
O alcalde de Foz engadiu que “a seguinte charla será o xoves día 15, ás 20:00 horas, e será impartida por Juan Latorre, nutricionista que colabora co Hospital da Mariña, especialmente en temas de investigación. O título da charla será Medicina en la cocina, nutrición saudable, buscando tamén temas preventivos para mellorar a nosa nutrición e así prever moitas das enfermidades que teñen o seu inicio ás veces nunha mala nutrición.
Remataremos o día 22 coa facultativa de Farmacia do Hospital da Mariña, Ana Cachafeiro, que nos impartirá unha charla sobre un tema tan importante como é o botiquín que temos na casa e o uso razoable do autoconsumo farmacéutico, que non é moi recomendable. Falará de que debemos ter na casa e como debemos usalo, sempre baixo as prescricións médicas. Por ese uso indebido que ás veces facemos da automedicación é importante que sexa un facultativo quen nos dea esas recomendacións”.
Javier Castiñeira dixo tamén: “desde o Concello queremos agradecer a colaboración do Hospital da Mariña, especialmente á súa xerente, María José Cortés, e á directora médica, Eva López, polo seu compromiso durante todos estes anos coas charlas médicas de Foz. Tamén a todos os facultativos que colaboran e poñen parte do seu tempo libre, de forma totalmente altruísta, para os nosos veciños, e agradecer ademais á Asociación de Loita contra o Cancro de Foz o seu compromiso nesta nova edición”.
O rexedor quixo “invitar a todos os veciños a que participen nas charlas médicas, porque é unha forma tamén de colaborar, de contribuír e de agradecer a todas aquelas persoas que se comprometen coa saúde en Foz, acudindo a esas charlas”.





















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



