Lugo. 30 de novembro, 2018.- A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, explica que buscará o acordo de todos, sindicatos e grupos políticos na Deputación de Lugo, para tratar de alcanzar un acordo de toda a Corporación para que o Goberno do PSOE non bote man do revanchismo político contra os funcionarios.
Os populares toman esta decisión despois do intento do equipo de Goberno da Deputación de Lugo, en mans do PSOE, de eliminar “pola porta de atrás” a praza dunha funcionaria que transitoriamente desenvolve a súa labor na delegación lucense da Xunta de Galicia.
Así, os populares trasladan a súa intención de pedir un pleno extraordinario no que se acorde que o funcionario ou funcionaria designado teña “todas as garantías” de que a súa praza non será amortizada “pola porta de atrás”. A maiores, o funcionario e funcionaria á súa volta terá dereito a ocupar a praza do mesmo nivel que o que tiña a praza para a que foi nomeado, sempre e cando a desempeñase un mínimo de dous anos.
Trátase, segundo explican desde o PP, de protexer aos empregados públicos e, sobre todo, de mantelos á marxe dos debates políticos. “Os socialistas non poden usar a súa posición de Goberno para facer vendetas contra os traballadores, polo que é preciso protexelos dos políticos que botan man destas prácticas “pola porta de atrás”.
Liñas vermellas
O Grupo Provincial do PP pon como exemplo deste tipo de prácticas ao persoal seleccionado no ano 2015 polo Goberno do PSOE para traballar nas residencias de maiores. “Fixeron o proceso de selección ás portas dunhas eleccións e tres anos despois seguen á espera de poder traballar”. Desde o PP precisan que “hai determinadas liñas vermellas que non se poden pasar, polo que queremos garantir que estas practicas se desterran da institución”.

















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



