Burela 28-11-18. O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego, acompañou o profesorado de base na presentación 2018-19. Baixo a dirección de Alfonso Mera e coa coordinación de Christian Fustes, outros sete monitores coidan e forman o noso ben máis prezado, as Xoias Laranxas, con preto de 140 nen@s entre 3 e os 18 anos.
Os oito adestradores contan coa gran colaboración de sete delegados. Biberón e Prebenxamín dispoñen da axuda de David Rodríguez e Carmelo Pernas, con Alfonso Mera e Luisma como técnicos; Benxamín, con Mariela Paz, con Jairo Campo no banco; Alevín A, con José López, e Míchel Couceiro como adestrador; Alevín B, con Francisco Javier Muñoz e Cándio Eijo, e Alevín C, con Jesús Rodríguez, baixo a dirección de Jairo ambos os dous; Mario Pillado está á fronte de Infantís e Cadetes e Christian Fustes é o responsable de Xuvenís. Completan o profesorado Samuel Basanta, Javi Rodríguez ‘Celes’ e Javi Fajardo.
Míchel Couceiro tamén se encarga do equipo de Primeira Galicia Feminina, con Álex Abad, José Miguel Bolaños e Carlos Cuesta como delegados.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
