Burela 13-11-18. O Pescados Rubén Burela FS e o CD Lugo deron a coñecer esta mañá un convenio de colaboración co que ambas as entidades estreitan a súa relación para favorecer o crecemento social, económico e deportivo na provincia. O presidente laranxa, Manuel Blanco, reuniuse co seu homólogo albivermello, Tino Saqués, na sala de prensa do estadio lugués Anxo Carro, para o presentar o acordo.
Manuel Blanco e Tino Saqués trasladaron a ilusión do inicio dun proxecto no que Lugo e A Mariña construirán unha sólida ponte de unión. “Como reza o lema da nosa campaña, A Unión fai Forza, e este acordo é un reflexo. Ambas as entidades levamos con orgullo o nome das nosas cidades e realizaremos accións conxuntas para que os nosos socios poidan achegarse a outro deporte; facilitaremos bonificacións para os socios de cada club” explicaba o presidente do Lugo, co que Manuel Blanco coincidía: “Xuntos poderemos promover as dúas referencias deportivas de Lugo, de fútbol e fútbol sala, por toda a provincia. Traballaremos para impulsar peñas conxuntas e esperamos ir medrando xuntos pouco a pouco”.
O convenio entre ambos os clubs contempla distintas sinerxias como eventos conxuntos, accións de Responsabilidade Social Corporativa compartidas, accións de bonificación de entradas e captacións especiais de socios ou a creación do “Día de Burela” e o “Día do CD Lugo”, unha acción mediante a cal os socios de ambas as entidades poderán asistir a un partido de Liga no Anxo Carro e en Vista Alegre.
Ademais, mediante o acordo subscrito, o Pescados Rubén Burela FS promoverá a creación da Peña CD Lugo Burela, un acontecemento de grande importancia para a estratexia da entidade albivermella de chegar a todos os recunchos da provincia de Lugo. Ambas as entidades axuntarán forzas tamén a través das canles sociais creando contido conxunto co fin de interaccionar cos afeccionados de ambos clubs.
Xornada de convivencia
Como inicio da andadura conxunta entre Pescadso Rubén Burela e CD Lugo, os equipos sénior laranxas visitaron pola tarde o campo de adestramento do Ceao para coñecer máis de cerca a dinámica de traballo do equipo de Segunda División Masculina de Fútbol, así como o PM Friol CD Lugo, en Segunda Feminina. As escuadras laranxas completaron a xornada cunh sesión de portas abertas no municipal da cidade amurallada.

























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 
