Cervo, 29 de novembro de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosouse sorpredido “por non ter recibido no Concello ningunha comunicación sobre a data de inicio das obras de demolición da cuberta da cetárea Izamar, nin sobre a visita que realizou esta semana a San Ciprián a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, para supervisar a actuación”, que -engadiu- “foi ademais solicitada e demandada polo Concello e da que non nos consta solicitude da licenza pertinente que se ten que tramitar por normativa para calquera obra que se leve a cabo no termo municipal”.
Para Villares, esta falta de respecto institucional non se corresponde coa actitude amosada neste meses pola subdelegada, “xa que a cordialidade entre ámbalas institucións está a ser a tónica dominante dende que tomou posesión no cargo; por iso extrañounos non ser informados”, precisou.
O alcalde recordou que en decembro de 2015 desde o Concello remitímoslle á Dirección Xeral de Costas, que valoraba a posibilidade de proceder á demolición integral desta edificación “por ocupar espazo natural e por non ser necesario para o dominio público marítmo terrestre”, un escrito no que expresabamos o noso desacordo con este procedemento e avogabamos por actuar tan só na cuberta, tal e como se está a facer agora, “polo gran valor patrimonial desta edificación e pola función protectora que exerce na contorna nos días de temporal marítimo”.
“Por estar ubicada en zona de mar aberto, servindo de parapeto ás vivendas que están lindando coa costa…”; “eliminar a actual cetárea supoñería que nos días de temporal, con grandes ondas, estas impactarían directamente cos peches das vivendas, causando numerosos danos nas infraestruturas existentes”, son algúns dos argumentos que, textualmente, se recollían no escrito.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



