Burela 11-12-18. Desde abril de 2017, a nutricionista burelens Cristina Pérez Rodil dirixe o centro Come&Sana e esta é a súa segunda tempada como encargada da alimentación do Pescados Rubén Burela FS de Segunda División. “Descoidar a alimentación significa perder vantaxe fronte a quen compites e reducir o rendemento no partido”, segundo esta experta en alimentación, nutrición e dietética esta é a máxima que calquera deportista debería ter en mente.
Por que se achega a xente a Come&Sana?
– O meu traballo céntrase no ámbito clínico, trato patoloxías desde o punto de vista nutricional, sobrepeso, obesidade, nutrición deportiva… O 90 ou 95% da xente chega por sobrepeso ou obesidade. Pero aquí o obxectivo é aprender a comer san e a cociñar, recoñecer alimentos e como combinalos. Así perderase peso de forma sa, non cunha dieta estrita de tres meses, que non serve para nada.
Por que cres que cada vez hai máis obesidade?
-A sociedade está sometida a un mundo no que todo son présas; sempre estamos ocupados e xa non temos tempo nin para cociñar, como antes cando todo se cociñaba na casa e todo era prato de culler ou da horta e non tiñamos tantos produtos ultraprocesados. Ademais tamén inflúe a falta de información sobre estes novos alimentos. Por exemplo, unha etiqueta de “0 azucres engadidos” non indica precisamente que o produto sexa san. Por todo isto a figura do nutricionista é tan importante.
Que coidados necesita un deportista? E un xogador de fútbol sala?
-Cada deporte é un mundo e temos que analizar a cada deportista individualmente. As premisas xerais sempre son levar unha alimentación sa, baixa en graxas saturadas, comer de todo, non esquecerse dos hidratos de carbono, sempre en cantidades normais; estar ben hidratado, o consumo de auga, é moi importante, axuda a ter mellor rendemento deportivo e a evitar lesións; evitar o alcohol, xa que deshidrata o corpo; durmir ben e facer unha boa recuperación despois do partido, neste caso, a base de auga, proteína e hidratos de carbono para evitar o dano muscular e repoñer as perdas de auga por suor que se van perdendo na competición.
Como é o traballo con cada xogador do Pescados Rubén Burela FS ao longo da tempada?
-Desde o contacto inicial, en pretempada, os controis xerais son cada mes e medio ou dous meses. Os xogadores que necesitan unha atención máis especial, para mellorar composición corporal ou para perder un pouco de peso, cítoos cada semana ou quince días. Tamén os aconsello para comidas puntuais ou para logo dos adestramentos. Esta tempada hai moito interese neste aspecto entre os xogadores, están moi concienciados de que no seu rendemento deportivo a alimentación é importante.
Á parte dos controis, medimos os pregamentos, para valorar a porcentaxe de graxa. Fágolles as bebidas deportivas para os partidos e preparo suplementos de recuperación cando son necesarios. Tamén preparo as planificacións de desprazamentos; sempre me gusta incluír a gastronomía da zona. Se un prato típico se adapta inclúoo porque mellor que alí non se vai a comer noutro sitio e tamén para que coman diferente, que saian da rutina de polo, ensalada e pasta, e da que moitos deportistas están aburridos. Así aprenden a que é posible comer ben e variado antes dun partido.
Que balance fas do teu labor en Pescados Rubén e da figura do nutricionista no deporte?
-Os dietistas/nutricionisas cada vez estamos máis incluídos no deporte; estamos medrando e cada vez é máis visible que o noso labor é importante. O meu traballo no club é moi gratificante; esta tempada hai unha grande implicación por parte dos xogadores, moitísimo interese dos mozos, que normalmente son os máis reacios a coidar a alimentación.



























A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
