Ribadeo, 30 de novembro de 2018. A XV Edición do Mercado do Nadal de Ribadeo abre as súas portas o próximo xoves, 6 de decembro, ás 11 horas da mañá. Haberá 26 postos no parque de san Francisco nos que se poderán atopar pezas de artesanía, alimentación, decoración ou deseño local, entre outras propostas, “coas que pretendemos espertar o espírito navideño nas rúas de Ribadeo”, segundo manifestou a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio. Ana Martínez e o alcalde, Fernando Suárez, presentaron o evento esta mañá no salón de plenos do Concello.
Concebido como un aliciente máis para visitar Ribadeo durante estes días festivos, os 26 expositores instalados no entorno do parque de San Francisco abren as súas portas ata o 9 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. “Así, confiamos en que esta iniciativa, de novo, volva arrastrar a veciños e veciñas xunto cos visitantes á vila, e que isto repercuta tamén no comercio e na hostalería da nosa vila”, dixo Ana Martínez.
Nesta 15ª edición do Mercado de Nadal desde o Concello “queremos volver traer as actividades comerciais, artesanía, nas súas diferentes extensións, como cerámica, coiro, alimentación, cervexa artesanal, é dicir un coqueto e delicioso mercado cheo de artesanía, deseño local e mil e unha actividades para poder desfrutar de todo canto nos ofrece Ribadeo”.
Ana Martínez convida a visitar o Mercado do Nadal ribadense: “podedes vir disfrutar non soamente de mercar no Mercado de Nadal e das diferentes actividades, senón de todo o que ofrece Ribadeo durante todas estas datas e durante todo o ano. Temos unha importante oferta de actividades durante estes días, desde as once da mañá ata as dúas da tarde e dende as cinco da tarde ata as nove da noite, como obradoiros para nenxs, música durante todas as xornadas, e diferentes visitas guiadas que se poden consultar na páxina web do Concello e no facebook para apuntarse. Ribadeo vai estar aberto para disfrutar, gozar e mercar durante estes catro días da ponte de Nadal”.
O alcalde, Fernando Suárez, contou que “nesa ponte tamén teremos o acendido do alumeado navideño. Seguramente, nosoutros somos máis humildes que en Vigo, e non nos verán desde Nova York nin desde Tokio, pero estou seguro que imos ser un referente tanto na Mariña como no occidente de Asturias. Seremos unha luz, seremos unha estrela que brilla, en canto a comercio, actividades de lecer e en canto a unha palabra que ligamos sempre tamén a todo o que facemos en Ribadeo que é a cultura, con visitas guiadas desde o punto de vista patrimonial do concello e da vila, do patrimonio relixioso, da heráldica ribadense, da ruta dos comerciantes e de tantas actividades musicais e doutro tipo cultural, que durante estes días van acompañar a esta cantidade importantísima de artesáns que en máis número que nunca van vir a Ribadeo a este Mercado do Nadal”.
O rexedor tamén convida “a todos, aos de aquí, aos de fora e aos de máis aló, que teñan un momentiño para vir, como veñen sempre, ao Mercado do Nadal de Ribadeo e por extensión ao noso concello”.
Obradoiros para os/as máis pequenos/as cheíños de creatividade
Venres 7 de decembro.
17:30. Na carpiña do Mercado haberá obradoiro de bolachas de xenxibre do Nadal a cargo de ConSentidiño.
Domingo 9 de decembro.
12:30h. Na carpiña do Mercado. Obradoiro de decoración de candeas para o Nadal a cargo da Asociación Enfermos Mentais da Mariña.
Visitas guiadas polo noso legado
Venres 7 de decembro.
11:00h. No parque de san Francisco. Visita guiada pola HERÁLDICA RIBADENSE a cargo de Francisco José Campos.
Sábado 8 de decembro.
19:30h. No parque de san Francisco. Visita guiada nocturna pola RUTA DOS COMERCIANTES a cargo de Begoña García López
Domingo 9 de decembro.
11:00h. No parque de san Francisco. Visita guiada polo PATRIMONIO RELIXIOSO de Ribadeo a cargo de Álvaro Lamas e Luis López Sierra.
As visitas terán as prazas limitadas, polo que se deberan inscribir no teléfono: 982 128 689 ou no email: turismo@ribadeo.org
Música
No XV Mercado do Nadal tamén haberá moita música como de Lazy Bonnes, Cosmosoul, Iria Estevez e Gonzo Piña, Los Incorregibles e BatukoTabanka ao longo de toda a ponte.
Desde a Concellería de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio engaden que “se trata dun mercado máis diversificado e representativo desta artesanía para o Nadal, onde todas estas actividades paralelas supoñan un incentivo para visitar Ribadeo, centro de ocio e compras para o Nadal, pois non debemos esquecer a súa repercusión no comercio local”.





















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



