Santiago, 4 de decembro de 2018.- O deputado popular, Daniel Vega, defendeu esta tarde no Parlamento o desenvolvemento dun plan integral de formación náutico pesqueira para a Mariña lucense, no que se contemple a emisión de Certificados de Profesionalidade. Do mesmo xeito, avogou por analizar a implantación nos centros existentes de ciclos de formación náutico pesqueira e da FP Dual, como xa está a funcionar no resto da comunidade nesta especialidade. Precisamente, durante a súa intervención, Vega avanzou que o Grupo Popular presentará no vindeiro pleno unha proposición non de lei recollendo estas demandas.
Daniel Vega salientou a forte aposta que o Goberno galego está a facer por unha formación náutico pesqueira de calidade, que se traduce “en máis de nove millóns de euros asignados”. Nos dous últimos anos, as contías destinadas a este fin medraron preto dun 8%, un 32% desde o 2015.
Acusou á oposición de mentir, xa que se ofrece formación na área da Mariña e destacou que, no último ano, téñense realizado máis de nove cursos; e que, antes de finalizar este 2018, realizaranse outros tres.
Dixo, ademais, que na actualidade existen en Galicia catro centros que imparten formación en materia marítimo-pesqueira; ademais do Instituto Galego de Formación en Acuicultura –dependente da Consellería do Mar- onde tamén se ofertan ciclos. Lembrou, tamén, que A Mariña lucense conta con dúas aulas de formación pesqueira, unha situada en Burela e outra en Celeiro. Neste senso, indicou que a oferta formativa cobre a demanda actual.
ESCOLA NÁUTICA PESQUEIRA NA MARIÑA
Por outra banda, amosouse sorprendido porque o Grupo Socialista propoña agora unha escola náutica-pesqueira na Mariña, un proxecto formulado polo PPdeG que foi paralizado durante o Goberno bipartito. Para Daniel Vega, “isto pon de manifesto a súa mala conciencia”.
Tal e como dixo, o Goberno galego conformado por socialistas e nacionalistas “non só paralizou este proxecto, senón que ademais puxo en dúbida a necesidade real de contar con estas instalacións”. “É máis, tanto no 2007 coma no 2008, votaron en contra da inclusión desta proposta, primeiro no Debate sobre o Estado de Autonomía, e, un ano máis tarde, nos orzamentos”, engadiu.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



