Barreiros 9-12-18. É a terceira edición dunha actividade exitosa e innovadora na zona: microteatro en bares. Trátase dun circuito de pequenas representacións teatrais de breve duración, ben monólogos, ben pequenas obras de teatro de poucos participantes, que terán lugar a carón do mostrador dos bares e cafeterías barreirenses. Tras dúas edicións nas cales todos os establecementes de hostalería de Barreiros tiveron a oportunidade de acoller algunha actividade de Ollomao, o colectivo barreirense lanza nesta ocasión unha convocatoria para que sexan os propios establecementos quen soliciten contar cunha destas representacións. O límite máximo está en dez locais, e o criterio para a selección é a orde de inscrición. Tras completar o número máximo xerarase unha lista de agarda por se se dera algunha baixa. Os requisitos para que un establecemento de hostalería poida participar son que estea ubicado en calquera das parroquias de Barreiros e que conte cun espazo de bar ou cafetería. Esta actividade é gratuíta para os establecementos, os que se desexan participan deben comprometerse a apagar a televisión ou música do local durante a representación e colaborar na difusión da actividade. Tamén se pide que se reserve un pequeno espazo no local para a actuación, aínda que non se contará con decorados nin elementos de gran volume.
Todos os bares interesados en inscribirse poden facelo escribindo a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com; ou por Whatsapp no número 650542932. Calquera dúbida pode ser tamén consultada por estas canles, antes do 16 de decembro ás 23:59h. Tras o peche desta convocatoria, Ollomao lanzará unha segunda para que calquera persoa ou grupo poida presentarse para participar cunha actuación nesta nova edición do “Teatro nos Bares”.























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



