Barreiros, 22 de decembro de 2018.- Os socialistas de Barreiros celebraron este sábado a asemblea extraordinaria para elixir ao candidato á Alcaldía para as vindeiras eleccións municipais. Os militantes decidiron por aclamación que a actual voceira e Secretaria da agrupación, Carmen Veiga Rodríguez, lidere o PSOE de Barreiros. Esta veciña do municipio mariñán, que traballa en Ribadeo como peón de limpeza, será a segunda vez que capitanee a candidatura dos socialistas. Durante o encontro estiveron presentes o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos; o Presidente da Deputación, Darío Campos; e a Deputada no Congreso de España e Membro da Executiva Federal, Pilar Cancela, así como o resto de compañeiros do PSOE na comarca.
En primeiro lugar, Carmen Veiga agradeceu o apoio e confianza amosada polos socialistas de Barreiros e polo grupo provincial para encabezar este proxecto político. “Imos confeccionar unha lista que reflicta e recolla as inquedanzas de toda a sociedade de Barreiros co obxectivo de que os socialistas gañemos os próximos comicios. Estamos ante un momento de moita responsabilidade, por iso, que ninguén dubide do esforzo e traballo que imos facer para que Barreiros volva estar no lugar que se merece, que falen das nosas fermosas praias, da exquisita comida ou da xente amigable coa que contamos, e non dos problemas que temos no Concello por culpa dunha pésima xestión do goberno do PP”.
“É un momento de cambio, a cidadanía o percibe e así nolo está trasladando. Temos que ser capaces de ofrecerlles un proxecto social que integre e que non deixe a ninguén fora. Desenvolver ideas ilusionantes, escoitando as demandas dos veciños e traballando cóbado con cóbado con eles para dinamizar a vida social, a economía e o turismo do noso Concello, aproveitando as oportunidades que o territorio nos achega. Estou convencida que dende a unión e a forza o conseguiremos”, engadiu a candidata socialista.
Pola súa parte, Álvaros Santos felicitou a Carmen Veiga e destacou que “o PSOE presentará un proxecto no que primen as persoas sobre os intereses partidistas, no que estar ao carón dos veciños e as súas necesidades sexa o motor que nos empuxe a gañar as elección de maio”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



