Barreiros 26-1-19. Xornada e media estiveron en Fitur as persoas representantes da asociación de Hostelería de Barreiros, curta pero intensa visita que o colectivo, de apenas medio ano de andadura, valora moi positivamente.
Con motivo desta visita elaboraron tarxetas e un sinxelo folleto que tiña como única finalidade dar a coñecer a existencia da asociación e sinalar e localizar Barreiros no mapa. Este material promocional foi esencial para os encontros realizados con axentes do sector turístico, que finalmente foron máis dos marcados inicialmente.
A asociación deuse cita con axencias minoristas que traballan como emisoras, e que fan chegar á Mariña Lucense grupos ou persoas particulares baixo a experiencia paquetizada. Tamén a maioría das contactadas traballan co Camiño de Santiago e máis particularmente co Camiño Norte, as cales precisan do sector hostaleiro para contratar pernoctas en aloxamentos privados debido a que non é posible a realización de reservas en albergues municipais, segundo transmiten. A maioría das contactadas comentaron que cando se dan fins de etapa en Barreiros se contratan hospedaxes en Ribadeo, o que supón trasladar aos peregrinos a unha localidade anterior pola cal xa pasaron, e que descoñecían a existencia de establecementos de aloxamento de semellantes características nun radio de distancia menor. A entender da asociación, esta é unha cuestión que está claramente desaproveitada para os establecementos barreirenses e que supón unha oportunidade de negocio. Explorar a posibilidade de poñer en alza o Camiño do Mar, Ribadeo-Ferrol pola costa, e referenciar a existencia de establecementos asociados que se atopan no trazado oficial do Camiño Norte foron outras das cuestións trasladadas.
En canto ás experiencias paquetizadas, que incluirían ademais de actividades, xantar, cea e aloxamento, as axencias contactadas dispoñen xa de algún plan tipo adaptable ou xa aplicado á Mariña Lucense, mais non estaban a traballar con ningún establecemento de Barreiros. Neste sentido, a asociación hostaleira considera preciso aproveitar como oportunidade o auxe que está a ter a Mariña Lucense como xeodestino, trasladando ás axencias interesadas un dossier detallado dos recursos dispoñibles no concello barreirense que fagan máis cómoda e práctica a estadía do turista, e polo tanto, sexa esta unha alternativa máis “vendible”. Entre estes recursos deberán estar a relación de establecementos asociados e as particularidades de cada un para encaixar as diferentes demandas.
Outro dos encontros mantidos tivo lugar cunha cadea de aloxamentos independentes que operaran baixo un mesmo paraugas de venta, con axencias maioristas e minoristas, o que multiplicaría as opcións de reservas. Esta mesma idea de aumentar o número de pernoctas mediante o emprego dun sistema de distribución das habitacións nos buscadores de reservas na rede, é o ofertado por outra das empresas coas que tamén se estableceu contacto.
Finalmente tivo tamén lugar unha conversa cunha Central de Reservas de Restaurantes para grupos concertados, o que ao traballar sobre demanda facilita o beneficio e organización de dito servizo.
Con todas as entidades contactadas se acordou, por ambas dúas partes, compromiso a manterse en contacto nos vindeiros días, coa finalidade de valorar posibles acordos nun futuro próximo. O feito de asistir e presentarse como asociación, é dicir, como unidade e cun considerable número de establecementos asociados, foi moi ben valorado polas entidades contactadas xa que facilita a consecución de acordos e aumenta as posibilidades de oferta para as axencias, ao tempo que para os establecementos pode resultar ventaxoso debido a que as cotas ou comisións precisas para a colaboración poden ser negociables e polo tanto, inferiores.
Castilla y León, Euskadi, Cantabria e Asturias foron stands visitados polas persoas representantes da asociación en Fitur para obter información de axencias emisoras coas que poder establecer contacto; e do mesmo xeito, Galicia, por medio do Clúster de Turismo, mais neste caso para coñecer axencias receptoras. Polas proximidade destes lugares con Barreiros estímanse como posibles orixes de turistas que desexen realizar pequenas estadías de 2 ou 3 días, o que contribuiría a limar a tan complicada estacionalización do turismo da zona.
A asociación de Hostelería de Barreiros prevé manter nos vindeiros días unha xuntanza para a posta en común desta visita, valorar colaboracións e plantexar novas accións en eventos de semellantes caracter





















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



