Burela 27-1-19. As Guerreiras Laranxas resolveron o derbi irmandiño fronte ao Viaxes Amarelle FSF no primeiro acto con 4-0. Para o Pescados Rubén era importante comezar a segunda volta cun bo partido, sen baixar a intensidade, e así fixo, para aferrarse á primeira praza.
As de Jullio Delgado e Lucas afianzáronse antes de ecuador ante un novísimo equipo co ambición que tamén saíu ofrecendo unha presión alta, aínda que sen perigo. Peque, nunha cita sublime coma sempre, adiantou as laranxas xa no minuto 5. Superado o ecuador da primeira parte, as herculinas apostaron por xogo de cinco para buscar a sorpresa e igualar o partido. Con todo aos dous minutos, Dany atopou o segundo local, sen porteira. Chegou entón o minuto de ouro das de Juio Delgado e Lucas, cun golazo da internacional Peque, en carreira de lonxe e á escuadra, e de Cilene, que rematou o saque de esquina de Cami en rexeite de Cristina.
As de Jorge Basanta quixeron ir a por todas no regreso ao parqué, de novo con xogo de cinco. Jozi, no minuto 23, puido anotar o quinto a porta baleira. Seguiron alternando a porteira xogadora as coruñesas con boas actuacións de Jozi. Con esta cómoda vantaxe de 4-0, as locais foron gañando en xogo aínda que a finalización deulles as costas fronte a Aida, que debutaba esta tarde en Primeira RFEF, freando grandes ocasións locais, como a de Cristina no 25 ou a Alves no 27.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Peque, Cami, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Cristina, Cilene, Lara Balseiro, Jenny, Bea Mateos, Alves
Viaxes Amarelle FSF: Aida, Iraia, Martita, María Gómez, Irune, cinco inicial; tamén xogaron Reneé, Inés, Patri, Mónica
Goles: 1-0, minuto 5, Peque; 2-0, minuto 14, Dany; 3-0, minuto 17, Peque; 4-0, minuto 17, Cilene
Árbitros: Rey Hermida // Presedo García. Por Amarelle amarela para Inés (minuto 8)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante preto de 500 persoas. A Bomboneira gardou un emotivo minuto de silencio en memoria do pequeno Julen.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
