A Mariña, 24 xaneiro de2019. A paciente estivo ingresada en xuño de 2017 cun diagnóstico de miocardiopatía dilatada. Durante o seu ingreso fixéronlle un cateterismo e posteriormente déronlle a alta . Solicitáronlle para completar os estudos un Holter – proba que rexistra a actividade do corazón de forma continua e que detecta alteracións no ritmo cardíaco – que se realizou en agosto do 2017 , e un ecocardiograma , feito en setembro de 2017. A partir de aquí comeza a súa odisea, pois chámana desde o servizo de Atención ao Paciente e dinlle que xa a avisarán para darlle os resultados.
Como o tempo pasaba e non a chamaban decide contactar coa Plataforma Sanitaria da Mariña para que lle axude a facer a correspondente reclamación. Dáselle rexistro o día 3 de outubro de 2018, un ano despois de facer as probas, con número de entrada 4383. A paciente segue sen ser citada a día de hoxe. A maiores empezan a xurdir problemas relacionados cunha medicación que lle mandaron tomar , pois desde xaneiro deste ano “ comezaron a sairme moretóns en diferentes partes do corpo de forma espontánea que me asustan bastante ademáis dunhas vixigas .Sinto naúseas desde que me levanto e estou cansada.Pero esto non é todo, xa que tiven que ir a saúde mental polos ataques de ansiedade e angustia que teño continuamente , xa que vivo con medo pois sei que unha miocardiopatía dilatada é unha enfermidade grave”- reláta a muller , preocupada e emocionada pola angustia que vive día a día.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos á Xerencia que tome cartas no asunto e comecen dunha vez por todas a traballar para garantir @s usuri@s unha correcta atención sanitaria, enfocada ao servizo dos pacientes e ás súas necesidades e non segundo motivos economicistas, xa que estes criterios foron os que levaron á sanidade pública ao grao de deterioro que padece actualmente e que desembocou na brutal crise sanitaria que estamos a padecer.
“ Contraten o persoal necesario, pois saben ben que o Hospital da Mariña e a Atención Primaria teñen un importante déficit de persoal. Cando as plantillas están baixo mínimos, cando as contratacións son tan precarias que rozan a explotación laboral , cando se tensa tanto a corda de ter listas de agarda escandalosamente altas , da orde de ano e medio para uns resultados dunhas probas diagnósticas, estoupan as crises máis virulentas na sociedade”- conclúen @s activistas sanitari@s.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



