O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, desprazáronse ata o IES Marqués de Sargadelos, onde se proxectaron unha serie de microvídeos relacionados con esta temática (o valor da auga, as vantaxes da compostaxe, a reforestación con especies autóctonas, as rutas naturais do municipio e a loita contra as especies invasoras) dirixidos ao alumnado de primeiro e segundo de bacharelato. Ademais, dúas técnicas de SOGAMA, tamén impartiron unha charla sobre reciclaxe (tanto no IES, como nos dous colexios da localidade).
