Ribadeo, 17 de xaneiro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviarlle unha carta á conselleira de Política Social, Fabiola García, para facerlle chegar os problemas detectados na xestión da asignación das horas de dependencia por parte da Xunta de Galicia a algúns veciños e veciñas ribadenses. O rexedor solicítalle que axilice a resolución dos expedientes pendentes, e que se proceda á asignación de recurso a aquelas persoas xa valoradas e con posibilidade real de comezarlles a prestación do SAF de inmediato.
Suárez Barcia dixo que “é un problema de burocracia terrible da Xunta, cuxa consecuencia é que non se lles pode dar a atención á que teñen dereito posto que a Xunta tarda moitísimo en facer as valoracións para asignar os graos de dependencia, e cando por fin os fai, tarda igualmente moitísimo en asignarlles o recurso, é dicir, o número de horas de atención mensual ás que terá dereito un usuario”.
O alcalde engade que “a todo isto desde o Concello dispoñemos dunha bolsa de máis de 400 horas dispoñibles, pero pendentes de asignación por parte da Xunta. Hai que ter en conta que os cidadás maiores teñen dous tipos de servizos, por unha banda un absolutamente de xestión e asignación principalmente municipal, para aquelas persoas maiores que non están en situación de dependencia, e logo outro, sufragado en parte pola Xunta, para os maiores que si se atopan en algún dos graos que marca a lei de dependencia”.
O rexedor explicou que “no primeiro caso, no de xestión municipal, a asignación de recursos, sempre que haxa horas dispoñibles, é moi áxil, pero no caso da Xunta este trámite demórase por moitos meses. No caso concreto que lle expoñemos á conselleira, como exemplo da gota que colmou o vaso, a persoa necesitada xa non chegou a beneficiarse da lei de dependencia da Xunta porque faleceu antes. Iso que solicitou a valoración de dependencia en maio de 2018, déronlle cita para valorar o 23 de xaneiro deste ano 2019, e segundo nos manifestaron os técnicos da Xunta a resolución do expediente non sería nunca antes de abril de 2019. Ao mesmo tempo, e á vista do colapso que teñen alí, desde este servizo da Xunta os propios técnicos da mesma pedíronos que fósemos desde o Concello quen atendéramos esta situación”.
O alcalde declarou que “evidentemente, e aínda que fose irregular esta petición, atendémola por humanidade. Pero queremos deixar ben claro, e por iso lle enviamos esta misiva á conselleira de Política Social, que isto está sendo intolerable e que, sen máis dramatismo que o que deriva dos propios feitos, queremos que axilicen a resolución dos expedientes que aínda se atopan pendentes para que estas situacións non volvan repetirse, porque é moi triste ter bolsa de horas no Concello dispoñible para atender á xente, pero pola demora burocrática inadmisible da Xunta, estas horas non teñen destinatario en quen aplicar”.
























Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



