Foz 27-1-19. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi ,presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nas últimas semanas puxéronse en contacto con nos un grupo de veciños do barrio de Vilachá en Cangas, concretamente os veciños do Camiño da Granda, estrada que conecta coa da subida de Vilasindre, para manifestarnos o seu descontento polo estado no que se atopa esta estrada que dá servicio ás súas vivendas, estamos a falar dunha vía dunha lonxitude mais ou menos de 200 mts.
Como é coñecido por todos, o noso grupo municipal leva toda a lexislatura loitando por mellorar as infraestruturas no noso medio rural, e esta, novamente é outra proba dilo con esta moción.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz se proceda mellorar con aglomerado a estrada do Camiño da Granda, no barrio de Vilachá, na parroquia de Cangas.