Lugo, 16 de xaneiro de 2019. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, asegurou hoxe que “os Presupostos de 2019 están feitos para mellorar a vida das persoas máis vulnerables, demostran o compromiso social deste Goberno e axudarán aos lucenses con menos recursos económicos”.
Isabel Rodríguez destacou que “nas contas do Estado para 2019, o Goberno dálle prioridade aos pensionistas, os desempregados, ás mulleres maltratadas ou aos bolseiros, para acabar cos recortes que sufriron durante os anos que gobernou o PP”.
A subdelegada explicou que a provincia de Lugo tamén resulta beneficiada nos investimentos previstos en obra pública pois os Presupostos do Estado para 2019 inclúen unha suba do 18,1% nas partidas para investimento real do ministerio de Fomento, que se sitúan en 62,22 millóns de euros, aos que hai que engadir o investimento de outros ministerios como o de Transición Ecolóxica con 6,6 millóns para obras en saneamento, depuración e protección da costa.
O investimento real en melloras do ferrocarril medra un 96,1% ao pasar de 8,87 millóns de euros a 17,41 millóns cos que Adif atenderá actuacións de renovación e electrificación da liña entre Monforte e Lugo. O investimento real en estradas é de 43,45 millóns de euros. O Presuposto inclúe partidas para as autovías A-54, A-56, A-74 e A-76, ademais de 26 millóns de euros para a conservación de estradas, así como 9,4 millóns para adecuación dos túneles ao RD 635/2006 sobre seguridade e 5 millóns de euros para medios antiniebla na A-8.
Neste sentido, Isabel Rodríguez declarou que “están feitos con sensatez e realismo, para garantir o bó estado as infraestruturas que xa temos, ampliar as que nos faltan, vertebrando o conxunto da provincia e, sobre todo, estes son uns Presupostos deseñados para ser executados, non para mentirlle aos lucenses”.
“Estes Presupostos son unha boa noticia para Lugo, supoñen unha gran esperanza para as persoas que máis sufriron os recortes do PP e demostran que este Goberno aposta pola recuperación do Estado do Benestar”, concluíu a subdelegada.
PRINCIPAIS INVESTIMENTOS
Adecuación de túneles ao RD 635/2006 sobre seguridade
9.435.740
Renovación Variantes liña Monforte Lugo (Adif)
8.800.000
A-54. Tramo Vilamoure-Nadela e conexión con Lugo
5.813.280
Electrificación liña Monforte Lugo (Adif)
5.100.000
A-8. Sistema de protección antiniebla na Xesta
5.000.000
A-56. Treito San Martiño-Enlace de Barrela
3.370.700
N-642 rehabilitación do firme
2.280.620
A-74. San Cibrao-Burela
1.299.510
A-54. Melide-Palas de Rei na provincia de Lugo
1.150.620
Intervención no Camiño Francés en concellos de Lugo
1.200.000

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



