Xove 25-1-19. Unha nova iniciativa deportiva acaba de nacer, Xove Costa Trail (XCT).
O día escollido para a presentación será o domingo, 24 marzo. Nesta carreira haberá dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha andaina de 11.
A saída farase dende o cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, coto da Vela, punta Merixe, praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, ensenada de Coído, punta Mansa, praia do Muiñelo, ata chegar ao centro cívico. O percorrido pasará polas parroquias de: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.
A concentración inicial realizarase na praza do centro cívico, onde os participantes recollerán os dorsais e a bolsa de corredores. A organización ten previsto autobuses para levar aos corredores ao punto de saída.
Unha vez rematada a carreira, a organización ten disposto uns pinchos para todos os participantes.
As inscricións hai que facelas na Web championchipnorte. O seguimento de todo o relativo a esta carreira pódese realizar a través de Facebook en xovecostatrail.
A organización deste evento corre a cargo da sección de montaña e sendeirismo da ACD Xove e de Roque Sport. Conta co Patrocinio do Concello de Xove e a colaboración de comercios e negocios da localidade.
