Burela, a 25 de xaneiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela asegurou hoxe que “o alcalde está a incumprir o que el mesmo prometeu no pleno do mes de novembro en relación coa mellora da sinalización de Burela e do Hospital da Mariña na A-8 e na N-642, cando votou en contra dunha moción do Grupo Municipal Popular ao respecto. Naquel pleno anunciou a mellora inmediata da sinalización e fixo referencia á existencia dun compromiso da subdelegada de goberno de Lugo, como responsable na materia e que en poucos días se visualizaría a mellora da sinalización. Pois ben, pasados dous meses, aínda non vimos nada que nos faga pensar que Llano vai cumprir co que dixo, o que non é estraño, porque o alcalde non cumpriu nada do que anunciou durante os últimos catro anos”.
Para os populares, “Llano está instalado no sillón da alcaldía e todo o que sexa moverse do mesmo para xestionar significa esforzo e traballo, algo que o supera, como levamos vendo nestes últimos anos. Debería explicar como os alcaldes de Alfoz e Valadouro xa lle arrancaron un compromiso de mellora da sinalización dos seus concellos á subdelegada do Goberno en Lugo, con foto incluída, e el, que tanto lle gusta saír nas fotos, aínda non foi capaz de facer unha con anuncio semellante para Burela”.
Praza de logopeda do Centro de Atención Temperá
Os edís do PP alégranse do cambio de criterio do alcalde con respecto á cobertura da praza de logopedia do Centro de Atención Temperá, “praza subvencionada ao 90% pola Xunta de Galicia. Convocando o procedemento para a cobertura da praza, o alcalde, indican, está facendo o que o Grupo Municipal do PP lle solicitou no pleno do pasado novembro. É dicir, facer as xestións pertinentes para que a indicada praza estea cuberta todo o ano e non aconteza coma en 2018 no que a praza non se cubriu durante os meses de xullo, agosto e nove días de setembro cando a subvención da Xunta, de máis de 93.000 euros, era para todo o ano”.
Desde o Grupo Municipal Popular lembran que “Llano, no pleno de novembro, votou en contra dunha moción do PP na que se solicitaba precisamente o que agora está a facer. E mesmo de que o centro continuase en Burela e solicitarlle á Xunta que mantivese e mesmo aumentase a subvención. Isto pareceunos inaudito. Ante esta convocatoria de cobertura da praza para doce meses é evidente que Llano só acerta cando rectifica”, conclúen.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



