Cervo, 29 de xaneiro de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse esta mañá ata a piscina olímpica municipal, onde anunciaron un investimento de 30.000 euros procedentes das arcas municipais, para a reforma integral do ximnasio.
As obras, tal e como precisaron, comezarán de xeito inminente, de tal xeito que esta mesma semana –o xoves previsiblemente- comezará o traslado das máquinas a unha sala provisional que estará habilitada mentras duren os traballos que se estima que se prolongarán durante un mes, sempre e cando o permita o tempo.
Tal e como explicaron “faremos unha reforma integral das instalacións actuando na cuberta, na estrutura e no piso – que se verá reforzado naquelas zonas nas que empreguen elementos como son as pesas-. Durante este mes, as persoas usuarias terán á súa disposición moitas das máquinas –non todas polas limitacións de espazo-; pero estes traballos redundarán a curto prazo nunha mellora ostensible do ximnasio municipal, para uso e desfrute da veciñanza”.
Ademais, Villares e Soto apuntaron que “para reforzar a seguridade nesta instalación municipal tamén se vén de instalar un sistema de vídeovixilancia nas zonas comúns”.
Estes traballos veñen sumarse ao investimento de máis de 65.000 euros que se fixo no ano que vén de rematar, para mellorar o sistema de climatización, co que se conseguiu que a piscina teña a día de hoxe as mellores condicións de temperatura e humidade da súa historia; baixando a humidade relativa do 80 ao 60%, e logrando que a temperatura ambiente sempre estea agora por enriba da temperatura da auga.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



