Ribadeo, 20 de maio de 2025. Concepción Francés, de Ribadeo, gozou da súa viaxe a Mallorca do 15 ao 18 de maio. O premio foi sorteado na XIV Festa do Comercio de Acisa, celebrada o pasado mes de xaneiro.
Co sorteo desta viaxe a Mallorca para dúas persoas Acisa poñía o broche de ouro á celebración do seu 35 aniversario. “Quixemos repetir unha das primeiras campañas realizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo aló por finais dos anos 80 do século pasado e enviar a unha parella a Mallorca e así o fixemos na pasada edición da Festa do Comercio”, explican desde a directiva de Acisa. E engaden: “alegrámonos de que gozasen desta estadía e de que lles servise para desconectar e cargar enerxías”.
Días azuis
Desde hoxe ata o 10 de xuño ten lugar una nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que organizan a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta coa colaboración de Abanca e das asociacións de comerciantes e dos CCA, como é o caso de Acisa Ribadeo.
Durante estas semanas, os clientes que realicen compras en establecementos participantes poderán rexistrar os seus tíckets en www.diasazuis.com/www.diasazuis.com/comercios, duplicando a súa participación se o comercio realiza o rexistro pola súa conta. Entre todos os participantes sortearanse 20.000 euros en premios, distribuídos en 44 tarxetas prepago de 250 euros cada unha (11 por provincia) e 60 tarxetas de 150 euros cada unha (15 por provincia).
Como principal novidade, no acto de entrega de premios, que terá lugar o 26 de xuño ás 19.00 horas na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, realizarase un sorteo en directo dun gran premio final de 3.000 euros, que o gañador poderá gastar nunha única xornada de compras na localidade da súa elección.
Con esta campaña o comercio reforza o seu compromiso coa economía local, fomentando a fidelización dos clientes e dinamizando as compras nos negocios de proximidade.
Bono Comercio
Tamén está aberto o prazo de adhesión ao Bono Comercio, da Xunta de Galicia, para que os comercios poidan inscribirse. Os negocios asociados a Acisa Ribadeo contan con información detallada e con asesoramento sobre o funcionamento desta campaña.
Desde a directiva de Acisa animan “a aproveitar todas as campañas en marcha, tanto as propias de Acisa, como estas que nos chegan desde a Federación Galega de Comercio ou desde a Xunta e coas que colaboramos desde Ribadeo”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



