Lugo, 16 de xaneiro de 2019. O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, mantivo este mércores un encontro coa Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo Piñeiro, no que lle presentou á Xunta de Galicia o proxecto Life in Common Land. Trátase dun programa comunitario que lidera a Deputación para desenvolver medidas de aproveitamento sostible na Serra do Xistral, no referente á xestión gandeira e a conservación dos hábitats naturais nos montes comunais. Na reunión participaron tamén representantes das Universidades de Santiago e A Coruña. O programa, que conta coa aprobación inicial da Unión Europea, está dotado de 2 millóns de euros, dos 1,4 son de fondos europeos, 212.000 da Deputación, 198.000 da USC e 100.000 da UdC.
Este pioneiro proxecto da Deputación contempla, como medida principal, que serán os usuarios e propietarios os encargados de aplicar na Serra do Xistral distintas medidas para o aproveitamento sostible deste espazo. Logo, e unha vez avaliados e cumpridos os obxectivos fixados, recibirán compensacións económicas, o que converterá a Deputación na primeira administración en España que premie economicamente as boas prácticas ambientais para a conservación dos hábitats protexidos. Deste xeito, o que se busca é facer fronte ás limitacións de uso e aproveitamento do territorio, que veñen impostas pola normativa vixente, nas zonas de especial protección, como a Serra do Xistral, que é Rede Natura 2000.
Fernández Queipo explicou que se trata do primeiro encontro de traballo entre a Deputación, USC e UdC coa Xunta de Galicia para presentar este proxecto “que beneficiará a todos os axentes implicados e marcará un antes e un despois no aproveitamento sostible do medio natural. Ademais cóntase coa participación directa dos propietarios e usuarios dos montes veciñais en mancomún, algo primordial para un desenvolvemento deste territorio, que garante un equilibrio entre o crecemento económico, o coidado do medio ambiente e o benestar social”.
A Serra do Xistral, que conta cunha extensión de 5.000 hectárea, abrangue os Concellos Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo, ademais das Pontes. Na zona núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e tamén parte do municipio de Viveiro, desenvólvese xa un pastoreo extensivo con gando vacún e cabalar salvaxe. Demostrouse que a súa xestión sostible ten un efecto positivo sobre o mosaico de brezais e turbeiras da zona.
O proxecto
Life in Common Land é unha iniciativa que promove a Deputación, coa colaboración da USC e da UdC, para demostrar que é compatible o desenvolvemento social, económico e sostible de zonas rurais de especial protección, que contan con restricións lexislativas en canto ao seu emprego, aproveitamento ou coidado. O proxecto conta tamén coa participación directa dos propietarios das Comunidades de Montes Veciñais en mancomún na Serra do Xistral.
As zonas de especial protección, como a Serra do Xistral, que é Rede Natura 2000, contemplan certas limitacións de uso e aproveitamento do territorio, que veñen impostas pola normativa vixente. Desde a Deputación, decidiuse elaborar este proxecto para ofrecer solucións a estas limitacións, co fin de garantir a vida no rural e do rural, e para que que redunde na mellora de produción gandeira e forestal, así como na conservación do rural, dotándoo de oportunidades.
Ata 2022, as medidas desta iniciativa están encamiñadas a cumprir os seguintes obxectivos: mellorar a produción gandeira e forestal a través da implantación de modelos de aproveitamento baseados nas experiencias dos usuarios dos montes; axilizar trámites e aspectos administrativos logo de ter establecidos novos esquemas produtivos; conservar o rural e dotalo de oportunidades.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



