Burela 26-1-18. O Pescados Rubén Burela FS abriu esta tarde a xornada 18 de Segunda LNFS aferrándose ao liderado recuperando a vitoria, con 2-4 na casa de ElPozo Ciudad de Murcia, actual campión de liga. Tras tomar a iniciativa no marcador no minuto 10, os galegos encaixaron no 2-1 sobre a bucina do descanso nun primeiro acto igualado, con boas fases para ambas as escuadras; na segunda parte os de Juanma Marrube deron un pase adiante en defensa, ante un rival que apenas xerou perigo, e despregaron todas as súas armas para apropiarse do electrónico.
O murciano Juanfran adiantou os laranxas no ecuador da primeira parte nunha recuperación, en galopada pola banda. Chegando ao descanso os murcianos, con Cristian, puxeron as táboas nun disparo exterior que desestabilizou a Edu . Segundos despois o Burela sumou a quinta falta e Shimizu deulles a vantaxe aos locais, en dobre penalti.
Non tardaron os de Juanma Marrube en igualar a contenda tras o descanso, en estratexia, no minuto 23, cun balón que deu en Alberto García antes de cruzar a liña de meta. Tres minutos despois, os galegos recuperaron a iniciativa no electrónico cun lanzamento de Hélder, en situación de pivote, que tocou en Cobarro en tentativa de despexe. Con case tres minutos para o final, Matamoros ampliou distancias co 2-4, de falta directa. Foi entón cando os murcianos reaccionaron con xogo de cinco ante un Pescados Rubén Burela FS exemplar en orde, que ata dispuxo dalgunha recuperación, como a de Hélder, para ampliar a fenda.
Ficha técnica
ElPozo Ciudad de Murcia FS: Guillamón, Alberto García, Cristian, Gambín, Cámara, cinco inicial; tamén xogaron Shimizu, Josema, Cobarro, Isma, Sergio
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Porto, Juanfran, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Hélder, Lucho, R. Vargas, Iago Míguez, Matamoros
Goles: 0-1, minuto 10, Juanfran; 1-1, minuto 19, Cristian; 2-1, minuto 20, Shimizu (d.p.); 2-2, minuto 23, Alberto García (p.p.); 2-3, minuto 26, Cobarro (p.p.); 2-4, minuto 37, Matamoros
Árbitros: Montero Galán // Navarro Rodríguez (Colexio Castelano-Leonés). Por ElPozo amarela a Isma (minuto 20), Guillamón (minuto 33), Alberto García (minuto 37), Josema (minuto 37). Por Burela amarela a Matamoros (minuto 20), Luisma (minuto 33), Juanfran (minuto 36)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Segunda LNFS disputado o Palacio dos Deportes de Murcia.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
