Santiago, 25 de xaneiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno galego a elaborar e desenvolver da man do sector unha planificación que permita fornecer de formación náutica-pesqueira para os profesionais da Mariña lucense. En concreto, a iniciativa refírese á emisión de Certificados de Profesionalidade Marítimo-Pesqueira ou a organización de cursos para a adquisición e revalidación de competencias necesarias, ao tempo que se analiza a disposición da demanda para a implantación nos centros existentes da Mariña de ciclos de formación náutico pesqueira e da FP-Dual como a que xa está a funcionar.
O deputado popular Daniel Vega subliñou que “a comarca da Mariña de Lugo constitúe un referente no eido da pesca, albergando dous dos principais portos galegos no que á facturación en lonxa se refire, como é o caso dos peiraos de Celeiro e Burela”.
DEMANDA DE FORMACIÓN
Deste xeito, manifestou que “a formación é un dos grandes aspectos que a frota e as súas tripulacións demandan para seguir mantendo unha actividade competitiva”. Así, lembrou que a Consellería do Mar realizou ao longo do pasado ano 12 cursos de formación para o sector na comarca da Mariña lucense, coa participación de arredor de 150 persoas.
Actualmente, A Mariña conta con dúas aulas de formación pesqueira: unha situada en Burela e outra en Celeiro, ademais dunha terceira na próxima localidade coruñesa de Cariño, dotadas de material para impartir cursos de formación marítimo-pesqueira.
Daniel Vega afirmou que a crise económica vivida nos últimos anos “motivou unha demanda inferior pola formación en materia pesqueira dada a falta de oferta de emprego para a xente do mar”. “Porén, a progresiva recuperación que estamos a vivir na actualidade nos motiva para poñer enriba da mesa a posibilidade de fornecer de formación naútico-pesqueira aos profesionais desta comarca, tendo presente que a Consellería do Mar mantén unha aposta decidida por unha formación de calidade, que se traduce nun incremento dos fondos destinados a este fin superior ao 32 por cento desde 2015”, apuntou.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



