Lugo, 25 de xaneiro de 2019. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou o catálogo da exposición do escultor valenciano-mindoniense Juan Puchades “Modelando vidas”, que se inaugurou no mes de novembro, e que pode verse na sala principal do Museo Provincial de Lugo ata o 27 de xaneiro. Puchades é un dos grandes escultores do noso tempo. Un nome para a memoria artística da nosa provincia, e tamén mestre de artistas. No acto estivo acompañada polo propio artista, Juan Puchades, a coordinadora desta publicación e Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, e o escritor e cronista Oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.
García Porto remarcou que “este catálogo é testemuño do afecto e o recoñecemento da obra que nos lega co seu quefacer diario, desde os seus inicios, ata as obras máis recentes, deste artista singular e único. Por iso, desde o Goberno Provincial queremos agradecer a Puchades que decidise compartir con nós, a súa vida e que aínda conserve ánimos para seguir creando e compartindo a súa arte con todos os lucenses”.
A Deputada lembrou que “o propio Museo Provincial expón desde hai máis de corenta anos Mariñeiros na brega, unha das obras emblemáticas creadas por Puchades, que lle valeu o primeiro premio no concurso Bimilenario de Lugo convocado en 1975. Esta colección antolóxica está composta por medio cento de obras, que representan unha excelente síntese das súas preocupacións estéticas ao longo de case sete décadas de dedicación plena e lúcida a modelar vidas”.
Percorrido antolóxico
Esta mostra, que recolle esta nova edición da Deputación, está composta por 47 obras, 4 maquetas, ademais de 14 debuxos e bosquexos, que amosan un percorrido antolóxico pola obra deste singular autor valenciano, afincado en Mondoñedo. Ademais o Goberno da Deputación xa colaborou na edición doutro catálogo-homenaxe de varios artistas e discípulos deste mestre de artistas, que foi presentado no mes marzo.
Tá en Artes
Esta iniciativa forma parte do colectivo Tá en Artes, que reivindicou ao longo deste ano a obra de Juan Puchades con diversos actos. Este colectivo promoveu esta merecida homenaxe que se veu desenvolvendo con iniciativas por diferentes puntos da provincia durante este ano 2018. Agora, con esta exposición retrospectiva así como a presentación do catálogo, remata esta homenaxe.
Mestre de artistas
Juan Bautista Puchades Quilis, escultor e docente, naceu en Valencia o 16 de marzo de 1934. Estudou Belas Artes na Escola Superior de San Carlos da súa cidade natal -onde se especializou en escultura- e, dende 1970, é catedrático de Debuxo no ensino medio. En 1960, tras aprobar as oposicións, trasladouse a Mondoñedo para exercer como profesor no Instituto San Rosendo. Hai que sinalar, con respecto á súa actividade artística, que traballa a madeira, o bronce, a pedra e o ferro. Ademais, ten unha obra na exposición permanente do Museo Provincial de Lugo e en distintas coleccións públicas e privadas de España, Suíza, Portugal, Francia ou Arxentina.
Obtivo diferentes galardóns ao longo da sua traxectoria: 1º Premio Mestre Mateo (Santiago de Compostela,1971), 1º Premio do Concurso-Exposición de Arte (Concello de Segorbe, Castellón, 1974), 1º Premio no Concurso-Exposición Bimilenario de Lugo (1976), e o 1º Premio na III Bienal de Escultura de Sarria (Lugo, 1977). Pertenceu a distintos colectivos como Los Urogallos, Escultores Gallegos, grupo artístico e cultural O Feitizo, do que foi un dos seus fundadores, e ao grupo de Artistas Plásticos Lucenses.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



