Lugo, 24 de xaneiro, 2019. O Grupo Provincial Popular leva ao Pleno da Deputación unha moción para que o Goberno de Sánchez elabore de maneira urxente unha Estratexia Nacional de Xestión Cinexética e recoñeza deste xeito o valor estratéxico da caza, xa que segundo defenden os populares, esta actividade non só equilibra aspectos económicos, de desenvolvemento do medio rural e de conservación da natureza, senón que tamén forma parte da nosa historia, cultura, tradicións e realidade social.
Na súa iniciativa, o Grupo Provincial do Partido Popular explica que en 2015 modificouse a Lei de Montes de 2003, a través da Disposición Adicional Cuarta da Lei 21/2015, para que o Ministerio responsable elaborase unha Estratexia Nacional de Xestión Cinexética coa participación das Comunidades Autónomas. O obxectivo desta Estratexia Nacional, cuxos traballos para implementala comezaron na pasada lexislatura, era resolver os problemas que afectan á práctica da actividade cinexética, e da pesca, “a través do compromiso claro e expreso de apoio a ditas actividades das diversas Administracións Públicas con competencias sobre as mesmas”, precisan dende o PP.
Ademais en maio de 2017, a Comisión de Medio Ambiente e Cambio Climático do Senado aprobou unha moción do Partido Popular que reclamaba ao Executivo esa estratexia para que servise “como marco orientativo e de coordinación para a ordenación, a escala nacional, do aproveitamento cinexético”.
A pesar disto, a Ministra de Transición Ecolóxica do actual Goberno socialista, afirmou que prohibiría a caza creando unha gran preocupación en todos aqueles sectores que participan na actividade cinexética. Para os populares na Deputación “escoitar que unha alta representante pretende prohibir unha actividade de impacto económico e medioambiental, así como de gran arraigo social en España supón un retroceso na defensa das liberdades e dereitos recoñecidos aos españois pola nosa Carta Magna”.
Importancia da actividade cinexética
En España existen aproximadamente uns 332.000 cazadores federados e se expiden unhas 800.000 licenzas anuais segundo datos da Fundación para o Estudo e a Defensa da Natureza e a Caza, así como da Real Federación Española de Caza. Ademais, estes cazadores e todas aquelas persoas que realizan actividades relacionadas coa caza, desenvolven unha actividade lexítima que representa o 0,3% do PIB español a través dun gasto de 6.475 millóns de euros, ten un retorno fiscal de 614 millóns de euros e xera preto de 187. empregos, tal e como recolle o Informe ‘Avaliación do Impacto Económico e Social da Caza en España 2016’ elaborado por Deloitte e a Fundación Artemisan.
Os populares engaden que a caza, ademais de xerar emprego e riqueza, supón un atractivo turístico singular para o mundo rural con demanda internacional e contribúe a diminuír o preocupante fenómeno do despoboamento. Ademais, os cazadores e todos aqueles que desenvolvan o seu traballo en sectores relacionados coa actividade cinexética manteñen un alto grao de compromiso coa conservación da biodiversidade, investindo en repoboamentos e outros investimentos de conservación medioambiental e organizando actividades destinadas a sensibilizar e concienciar. Dende o Grupo Provincial Popular defenden que “sen a caza non se entendería a protección e conservación de especies tanto animais como vexetais e a conservación do patrimonio natural, forestal, ou histórico”.
Ademais, a actividade cinexética tamén contribúe, por exemplo, ao control e prevención de episodios de risco sanitario derivados de enfermidades como mixomatosis, tuberculose ou a temida peste porcina africana; e tamén ao control de poboacións ante a ausencia de predadores naturais necesarios para manter o equilibrio natural dos diferentes ecosistemas.
Do mesmo xeito, destacados representantes da literatura e naturalistas españois foron cazadores e mostraron nos seus escritos e reflexións como a actividade cinexética contribúe a conservar especies e a gran biodiversidade do noso país:
Puntos de acordo da moción
Polo tanto, na súa moción os populares solicitan ao pleno da Corporación Provincial que se recoñeza o valor estratéxico da actividade cinexética e dos que a practican pola súa contribución ao crecemento económico, á creación e mantemento do emprego e como instrumento para evitar e conter o fenómeno do despoboamento no ámbito rural. Piden tamén que se recoñeza o alto grao de compromiso de todos aqueles que practican a actividade cinexética coa conservación da biodiversidade no seu máis amplo sentido.
A maiores instan ao Goberno do Estado a que, cumprindo co establecido na Disposición Adicional Cuarta da Lei 21/2015, finalice os traballos e publique de maneira urxente a Estratexia Nacional de Xestión Cinexética como marco orientativo e de coordinación para a ordenación a escala nacional do aproveitamento cinexético, convocando ás Comunidades Autónomas e a todos os sectores afectados, aos efectos de impulsar e defender a práctica da caza pola súa contribución ao interese xeral.
Tamén esixen ao Goberno do Estado á elaboración dun plan de investigación científica e de innovación aplicado á actividade cinexética no seu conxunto, dotado orzamentariamente e que contemple liñas estratéxicas relacionadas coa sustentabilidade económica, social e medioambiental desta actividade.
E, por último, demandan que o Executivo de Sánchez compense aos propietarios forestais pola súa contribución á mitigación do cambio climático como consecuencia da fixación permanente de dióxido de carbono nos montes onde se albergan as especies cinexéticas, as especies protexidas e a gandería, poñendo en marcha proxectos que fomente biodiversidade, a mellora das especies asociadas aos espazos naturais, a conservación dos ecosistemas e o seu desenvolvemento económico e social.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



