Cervo, 20 de xaneiro de 2018.- O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon, criticou este sábado que “o emprego no municipio non se dinamiza gastando 1,5 millóns de euros para colocar a 40 persoas no Consistorio”. Fixo esta afirmación tras a valoración do Alcalde do PP alardeando das políticas de emprego, tras aprobarse, co voto en contra dos socialistas, os orzamentos para o 2019.
“É lamentable que o Alcalde recolla nos orzamentos unha partida de máis de 1,5 millóns de euros, o que supón o 21% do total, para persoal laboral, é dicir, para contratacións a dedo. Dende o PSOE non estamos dispostos a aprobar uns presupostos que fan oídos xordos as necesidades dos veciños e que amosan un nulo compromiso pola xeración real de postos de traballo. Non hai un compromiso por reactivar a economía do Concello, facéndonos depender perigosamente da situación de Alcoa”.
“Os socialistas demandamos medidas para paliar o problema do paro neste Concello que volveu a subir neste último ano. Impulsar un plan de emprego específico para as persoas que pertencen aos colectivos máis sensibles como os maiores de 45 anos, que supoñen o 47% dos parados de Cervo, así como o 67% nas mulleres. Iso se pode facer fomentando a reciclaxe actualización profesional e facilitando a contratación a través de incentivos económicos”.
O Concello inviste un 50% menos de fondos propios
Francisco Mon censurou que o Concello inviste dos seus propios fondos 380.000 euros, un 50% menos que no ano anterior. “É un claro exemplo da importancia que lle da o equipo de goberno a mellorar as prestacións públicas municipais, posto que as obras que están a executar son necesidades que os veciños xa demandaban hai mais de 4 anos,e que o Alcalde esperou para darlle rédito electoral. O problema é que deses cartos a maioría non se executará, como levan facendo todo o mandado. Alardean de actuacións que financian outras administracións.
Presupostos “antisociais”
O voceiro do PSOE alertou de que “estes presupostos son sumamente antisociais porque por unha banda, os veciños van a seguir coa mesma presión recadatoria e, por outra banda, non van ter retorno en accións que vaian mellorar a súa calidade de vida”.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



