Lugo, 29 de xaneiro de 2019. O Pleno da Deputación aprobou este martes, cos votos a favor de PSOE e do Deputado non adscrito e sen apoio de PP e BNG, a moción que o Goberno presentou á sesión plenaria en resposta ás reclamacións dos enfermeir@s que lles foron trasladadas persoalmente polo Sindicato de Enfermería en Lugo (SATSE). Piden incrementar o número de profesionais para poder mellorar a atención na sanidade pública da provincia, así como as condicións laborais nas que desenvolven a súa profesión, pois sofren unha importante sobrecarga de traballo e uns altos índices de temporalidade.
Estes profesionais explican que o Sergas mantén unha ratio de 3,38 enfermeir@s por 1.000 habitantes. A media do Estado é de 5,3. En países da contorna española a media é de 8,8. En Europa, destacan Dinamarca con 16,9 profesionais por 1.000 hab; Finlandia con 14,7/1.000 hab. e Alemaña con 13,3/1.000 hab.
Para elo, instase á Xunta de Galicia, administración coas competencias en sanidade, a “desenvolver un marco lexislativo que garanta unha dotación de enfermeir@s que permita unha atención segura, cunhas ratios mínimas de profesionais/habitante e máximas de doentes/profesionais que en ningún caso sexan inferiores ás medias españolas, que cando menos se sitúen na órbita dos Estados da contorna e sen prexuízo de achegarse aos mellores estándares europeos no caso de ser viable”.
Tamén se demanda ao Goberno Central a “aprobar, a través dun acordo vinculante de confederación sectorial do consello territorial, o establecemento dunha dotación adecuada de enfermeir@s; así como garantir unha atención segura e de maior calidade, unha carga laboral axeitada e a sostibilidade do sistema sanitario mediante unha lei que determine o número máximo de pacientes asignados a cada enfermeir@ nas Comunidades Autónomas”.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



