Ribadeo 27-1-19. O atleta ribadense, Aleix Díaz Salas, reapareceu na II Xornada da Copa Deputación de Atletismo logo de estar máis dun mes alonxado das pistas por lesión. Aleix que leva unha temporada algo irregular polas lesións acumuladas ó longo da mesma, participou na xornada deste sábado 26 nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo en dúas probas. A mediodía disputaría os 200 m.l., unha das especialidades nas que se está tentando centrar este ano. Aleix acadaría a primeira posición da súa serie cun rexistro de 24.50 Seg., rebaixando en case 1 seg. a súa mellor marca.
Na xornada de tarde, era o turno dos 60 m.l., onde acadaría un rexistro de 7.72 seg., a unha centésima da súa mellor marca.
Xornada satisfactoria porque adem is de recuperar sensacións positivas de cara a seguir preparándose, estas marcas acadadas danlle dereito a clasficarse para o Campionato Galego Sub18 en pista cuberta que se celebrará en Ourense o 23 de febreiro.
Para o próximo sábado ten previsto participar na III Xornada da Copa Deputación, na que espera seguir recuperándose e collendo ritmo competitivo.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
