Ribadeo, 16 de xaneiro de 2019. Recepción no Concello á remeira ribadense Carolina Yáñez Santana, que obtivo a medalla de prata no Campionato de España de Yolas absoluto feminino celebrado en Marín hai unhas semanas. Ao acto asistiron os concelleiros de Deportes e de Muller, David Rivas e Mariluz Álvarez, e o técnico de Deportes, Iván López.
O edil de Deportes declarou que “nos dá unha alegría ter aquí a Carolina porque é unha das veteranas desta nova etapa do Club de Remo, que está practicamente desde a súa refundación, e que a pesar de ter empezado nunha categoría un pouco complicada por idade, porque empezou de cadete e as súas rivais levaban xa tres ou catro anos de rodaxe, a base de traballo e sacrificio foi dando grandes pasos e hoxe podemos celebrar esa medalla de prata no campionato de Yolas co Club de Remo de Tui. Foi pena que non fora co Club de Remo de Ribadeo, pero sempre vai ser benvida”.
David Rivas engadiu: “quero destacar sobre todo o traballo, a perseverancia, o sacrificio, o compaxinar entrenos cos estudos, con ser clarinete na Banda de Música de Ribadeo. Todo iso a verdade é que ten moitisimo mérito porque os días teñen vintecatro horas e ti esprémelos ao máximo. O remo é un deporte moi sacrificado, moi duro, pero con traballo, entrega e ilusión ao final o éxito acaba chegando antes ou despois. Quero destacar tamén todo o traballo que está facendo o Club de Remo que é inigualable e nestes catro anos saíuse de todos os pronósticos. Eu quero aproveitar para recoñecerlle ese traballo a Miguel e a Mauri, que son os dous piares básicos para que este Club de Remo funcione como funciona. Destacar o éxito das deportistas ribadenses, porque hoxe é Carolina, pero antes foron Maria, Nerea e María Díaz en Remo, e ademais tivemos en fútbol, en fútbol sala, en rugby… De todas as recepcións que facemos aquí, cando se consigue unha medalla no Campionato de España, o 70% delas foron de deportistas femininas, así que en Ribadeo en canto a deporte feminino estamos lanzados, e oxalá sigamos así moitos anos apostando por estas políticas de deporte porque a verdade é que dan uns resultados que á vista están”.
A concelleira de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, manifestou: “eu creo que en Ribadeo, con todo o que se leva feito e traballado, que eses grans de area que se van poñendo, sexa no deporte ou noutro tipo de actividades, con xente nova, cos resultados que están conseguindo e que apostan non soamente polo deporte senón pola parte de xénero nese ámbito do deporte, eu creo que á larga a nivel educativo e tamén no deportivo se están conseguindo os seus logros”.
A edil nacionalista salientou que “non é baladí que o 70% dos premios de Ribadeo, sexa en calquera disciplina deportiva, sexan de mulleres, co cal quere dicir que nos estamos incorporando á práctica deportiva, que moitas veces por ser mulleres temos vintecatro horas de traballo, de estudos, de conciliación e demais, e que saquemos tempo para iso é moi importante. Sobre todo que se vos valore como deportistas, coas cualidades que tedes e non por outros aspectos que como mulleres se nos destaca noutros ámbitos. Eu creo que o mellor exemplo que podedes dar é que se vos valore pola capacidade deportista e pola capacidade que tedes de poder facer esas actividades. Así que animarvos a que sigades e sobre todo a que resaltedes, alí onde vaiades, ese aspecto porque eu creo que non está de máis dicilo, e nestes tempos aínda menos, e canto máis o visibilicemos, canto máis o poñamos en valor e o creamos nós mesmas, eu creo que será o éxito do futuro e que poidamos estar aí en pé de igualdade cos nosos compañeiros. Así que noraboa”.
A deportista Carolina Yáñez Santana dixo: “en primeiro lugar agradecer ao Concello por este recoñecemento xa que é no lugar e coa xente que me viu crecer. Tamén quero agradecer tanto ao Club de Remo Ribadeo como ao Club de Remo de Tui porque forman parte deste premio. Ademais quero compartir este momento con todas e todos os xoves que practican algún deporte pero non conseguen ningún premio, nin recoñecemento, nin mención, pois tamén iso tense que valorar. Tamén é un orgullo porque sendo muller se me recoñeza, e en xeral ás mulleres se recoñezan, por estes premios, xa que é un punto fundamental na sociedade porque o deporte feminino está menos valorado”.
Carolina Yáñez recibiu un agasallo conmemorativo.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
