Viveiro, 13 de decembro de 2018.- A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia financiou cunha achega de 40.000 euros as melloras nas instalacións deportivas do campo de Cantarra, en Viveiro.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu ao encontro entre o Viveiro Club de Fútbol e o Club Deportivo de As Pontes xornada na que tivo lugar a inauguración do novo rego automático posto en marcha neste campo, grazas a este apoio.
“Atendendo a peticións que nos fixo chegar a directiva do club, a iniciativa permite dotar ás instalacións dun sistema do que carecía o que obrigaba a realizar estas operacións de coidado do céspede e do campo de xogo de xeito manual”-explicou
A axuda instrumentalizouse a través dun convenio de colaboración co Concello de Viveiro, por ser este o titular das instalacións deportivas.
O Viveiro Club de Fútbol dispón na actualidade dun equipo competindo na liga rexional preferente e de distintos equipos en categorías inferiores, algúns en competicións autonómicas. Ademais está a piques de celebrar o seu centenario.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
