A Mariña 7 de febreiro de 2019. A Plataforma Sanitaria da Mariña esixe ao Sergas que deixe de agocharse e dé a cara ante o gravísimo problema sanitario existente na Mariña, trala ruptura do concerto que o organismo sanitario viña mantendo cunha clínica privada, da que dependía o servizo de logopedia da comarca e que tamén proporcionaba fisioterapia. A Plataforma En Defensa da Sanidade Pública da Mariña foi alertada polas nais e pais de afectad@s do abandono total no que ficaban ao quedar as súas crianzas sen logopeda na Mariña e “ sin que o Sergas se dignara siquera a darnos unha explicación.Nin a máis mínima información temos, deixáronnos abandonados, non sabemos que vai pasar.Non teñen vergoña nen humanidade”,- relatan indignad@s .
Para o colectivo sanitario o Sergas chegou xa á súa desvergonza máxima deixando sen asistenza a nenas e nenos , xa non só en pediatría, senon noutros servizos indispensables e que precisan de continuidade , como son a logopedia e fisioterapia ,tamén concertada coa clínica privada e que tamén está afectada polo cese do convenio. Vemos así como a sanidade pública da Mariña avanza a pasos de xigante no seu desmantelamento trala supresión da área sanitaria, e mesmo os seus efectos son moito máis devastadores e rápidos do que esta Plataforma calculou. “ Gostarianos saber onde andan agochados nestes momentos de crise os señores Balseiro e Vega para que nos relaten cales son os máis e mellores servizos que ían implantar, onde está a blindaxe do hospital ou cales son os numerosísimos profesionais que ían vir para Burela.Esiximos a estes dous representantes do goberno na Mariña que saian da coelleira onde están refuxiados e cumpran coas súas obrigas co pobo”- manifesta a coordinadora , Montse Porteiro.
O hospital queda hoxe cun só hematólogo para atender aos máis de setenta mil habitantes da Mariña.
Segundo vimos de coñecer a través de pacientes aos que se lles suspendeu a consulta de hematoloxía que tiñan hoxe no hospital, o centro sanitario queda hoxe cun so hematólogo dos tres que hai actualmente , dado que un deles colleu un permiso e a terceira hematóloga foi derivada ao HULA como está a facer cada xoves. A Plataforma xa alertou hai tempo desta situación, e non se lle puxo remedio, so se adicaron a tachar de alarmistas e mentireir@s @s activistas deste colectivo. Agora volve ocurrir e “este é outro exemplo máis da incompetencia para xestionar e do agravio ao que se ten sometida a esta comarca, pois están a derivar a outra facultativa cara ao HULA, que xa dispón de dez hematólog@s en plantilla, sen importarlles como quedamos. Abandonad@s polo Sergas e polo goberno do PP son as palabras máis axeitadas para definir esta situación”- coméntan Víctor Vila, portavoz do colectivo.
A Plataforma fai un chamamento a veciñas e veciños para que acudan este domingo a Compostela a manifestarse en defensa da sanidade pública.
Desde o colectivo animan a mariñás e mariñaos a que acudan á manifestación que o próximo domingo día 10 de febreiro percorrerá as rúas de Compostela , e que parte da Alameda ás 12 horas, para berrar alto, forte e nunha soa voz que queremos unha sanidade pública de calidade, digna, universal, gratuita e equitativa.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



