Lugo, a 13 de febreiro de 2019.- A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA), que actuou como acusación particular no procedemento penal contra o
Alcalde, arquitecta e os concelleiros do goberno municipal de Barreiros de 2006 por
presunta prevaricación urbanística, presentará recurso diante a Audiencia Provincial
contra a sentenza absolutoria ditada polo Xulgado do Penal nº 2 de Lugo. O secretrario xeral de ADEGA, Froilán Pallín Seco, destacou hoxe en rolda de prensa que a sentenza absolutoria adoece de importantes eivas de análise e xera un precedente nefasto na ordenación do territorio que favorece a arbitrariedade e a inseguridade xurídica.
Entre as eivas detectadas, ADEGA resalta as seguintes:
-O tribunal derivou a controversia cara a unha cuestión técnica, xa que di que a
cuestión central para dirimir se houbo ou non prevaricación é se as parcelas sobre as que se concederon as licenzas eran solo urbano non consolidado ou consolidado, e se
poderían adquirir esta condición mediante obras accesorias. Desde ADEGA pensamos
que xuridicamente este debate está claro desde a Lei do Solo de 1956 e que non existe
confusión entre o que é solo consolidade e non consolidado. Existen ademais suficientes probas achegadas ao procedemento de que o Alcalde Barreiros, a arquitecta, o equipo de goberno, e tamén a Xunta eran conscientes da súa ilegalidade por canto asinaron un Convenio de Colaboración dotado de 14 millóns de euros de fondos públicos para rectificar a falta de servizos básicos das promocións.
-O xuíz outorga menor valor testemuñal aos técnicos expertos. Consideramos que non poden ter o mesmo peso os informes dos expertos en urbanismo que non aqueles que non teñen ese coñecemento especializado. Sen embargo, o xuíz dá maior valor ao testemuño de enxeñeiros técnicos e de menor cualificación que ao dos seis expertos en materia urbanística, funcionarios, xuristas e arquitectos da Xunta e da Axencia Galega de Legalidade Urbanística (APLU), que participaron no xuízo oral. Ademais, as peritaxes ás que o xuíz dá maior crédito datan de anos posteriores ao da concesión das licenzas polo que non reflicten a realidade urbanística do ano 2006, contravindo os informes dos técnicos da Xunta, que foron realizados naquel momento.
-Despreza a análise doutras accións presuntamente delitivas. Ao centrar o debate nunha consideración meramente técnica sobre o que é ou non é solo consolidado, non se
pronuncia sobre outras accións presuntamente delitivas que, ao noso entender, foron
efectuadas con total arbitrariedade. Por exemplo, referímonos ao falseamento das alturas das edificacións para permitir encubertamente unha maior edificabilidade e o feito de autorizar a construción dos sotos dos edificios sobre a rasante da vía pública, como se fosen planta baixa.
-Non analiza caso por caso, senón todo o conxunto. O feito de que o xulgado non
analice unha por unha as licenzas outorgadas, tal e como demandaba ADEGA, implica que a análise da cuestión sexa inxusta. Podería haber razóns para dubidar da legalidade
dalgunhas licenzas, pero en moitos outros casos, os propios informes técnicos e as
circunstancias individuais de cada unha das promocións demostran claramente a súa
ilegalidade, de aí que ADEGA pedise que se analizase por separado cada acto administrativo.
REPERCURSIÓNS DO FALLO
Esta sentenza, de converterse en firme, tería repercusións especialmente graves para o correcto ordenamento territorial do país, segundo dixo Froilán Pallín. En primeiro lugar, o Xulgado estaría creando un grave precedente ao eximir de responsabilidade penal aqueles funcionarios públicos que se amparen no descoñecemento da norma e nas
dúbidas de interpretación legal xeradas pola actuación da Xunta. O cambio de criterio
do goberno da Xunta, ao retirar os contenciosos interpostos contras as licenzas ilegais por motivos exclusivamente partidarios, serviu de escusa ao tribunal para xustificar a actuacións dos acusados.
Por outra parte, para ADEGA, o feito de que o tribunal recoñeza que a falta de
normativa urbanística municipal crea inseguridade xurídica e que esta pode ser un
fundamento para absolver de cargas penais aos acusados, é algo extraordinariamente
preocupante. A sentenza traslada a perigosa mensaxe de que os concellos que incumpren a lei por non ter adaptado o seu planeamento teñen maior capacidade para manobrar urbanisticamente, que aqueles que teñen a normativa ao día. E de paso, permite esquivar as responsabilidades penais perante eventuais denuncias contra os gobernos municipais por resultar moi difícil probar a existencia de delictos: vivir na
indefinición urbanística, na alegalidade, reportaría evidentes vantaxes.



















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



