Aquel luns día tres de marzo de 2014 xa amencera con mar e vento, mar que pola tarde era un auténtico temporal, o “Cristina”. Ese día, a eso das seis e media da tarde, Burela perdía un dos seus símbolos de indentidade, o Faro, presente no escudo do concello xunto co Torques.
Lembro moitos detalles daquel día… A eso das seis da tarde, Milín, de Protección Civil, e eu dirixímonos ao Cantiño, xa que tiñamos información de que as ondas do mar estaban metendo auga nalgunhas fincas, coma a de Moncho do Cuiño. Levabamos un cuarto de hora por alí, e recibo unha chamada de Basilio, o Patrón Maior… “Ónde estás? Vente para a praia do Penoural, ¡o mar acaba de esmochar o Faro!”. Resposta: “Veña, Basilio, ¡estás de coña!”. “¡Vente, carallo, que non é ningunha broma!”.
Arrancamos para o Penoural, falando do pretendido vacile de Basilio, pero Milín e eu xa levabamos a procesión por dentro… Ao chegar, a sensación foi pavorosa… Eu non era capaz de crer o que estaba vendo. Toda a miña vida vendo o Faro, e de repente o Mar, que tanto leva dado e dá a Burela, arráncalle un anaco do seu a todos os bureleses. Pero o que máis me impactou foron as caras da xente que alí estaba, maioritariamente homes de mar, que semellaban paralizados, cos ollos humedecidos, atónitos, ante o que consideraban un pago desmesurado e sin razón ao Mar.
Tardei cinco ou dez minutos en reaccionar, tal era a impresión causada. A primeira chamada foi para preguntar de quén era a competencia do Faro. Foi a primeira, e a única da que non lembro o destinatario. Logo, falei co Presidente de Portos de Galicia, e con Iglesias, o Capitán Marítimo daquela. E fíxenme unha promesa a min mesmo: tiña que remexer o que fose para que o Faro se reconstruira, xa que nin o meu equipo de goberno nin eu nos permitiríamos deixar o Faro na situación na que estaba e que o escudo de Burela, e Burela, perderan un dos seus signos de identidade.
Soupen, inmediatamente, que había unha persoa que movería todo o posible para que o Faro se reconstruíse. Por eso chamei a Xosé Manuel Barreiro, na seguridade de que el era esa persoa. “Non te preocupes, Chema, falarei coa ministra (daquela, Ana Pastor), e xa che conto”. Ao pouco, confírmame que a ministra vai falar coa Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao. Mentras tanto, conversas coa Conselleira Rosa Quintana, con Pablo Fdez. Asensio… Xa máis tarde, con alguien da Autoridade Portuaria, para decirme que virían ver o estado do Faro…
Ao día seguinte, o martes de Entroido, catro de marzo, máis conversas, mesmo coa Ministra. Xa pola tarde, o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Vilariño, e técnicos da mesma estiveron en Burela para ver o estado do Faro desde o Penoural. Ao día seguinte, logo de falar coa Ministra e co Presidente de Portos do Estado, o meu equipo e eu puidemos anunciar que o Faro se recuperaría, para Burela e para o seu escudo. Pero ainda quedaba por diante moito traballo por facer e axilizar…
Moita xente non se creía que o Faro se recuperaría… Mesmo houbo algún meme alusivo a tal circunstancia… Quince meses despois, con helicópteros incluidos, o Faro lucía exactamente igual có anterior…, eso sí, máis novo. Obxectivo cumprido. E o meu recoñecemento persoal a todas as persoas, entidades, organismos, e tamén á empresa, que contribuiron a facelo posible.
PD.- O molde da reconstrucción do Faro segue no Berbés. A empresa que reconstruiu o Faro non tén inconvinte en donalo… Pasados catro anos, parece que quen debería ter interés non o tén. Lástima. Quedaría bonito en algún sitio senlleiro de Burela, pero nunca onde está.
José María González Barcia. Era alcalde de Burela o 3 de marzo de 2014.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



