Lugo, 7 de febreiro de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, coñeceu de primeira man os traballos de acondicionamento de varios accesos a núcleos de poboación do Concello de Barreiros, financiados polo Executivo Provincial. En total, o Goberno da Deputación achegou 210.000 euros para a mellora de 20 accesos no municipio mariñán beneficiando, no seu conxunto, a máis de 2.900 veciños.
López Izquierdo supervisou, concretamente, as obras executadas no camiño da Igrexa de Reinante á Casa Panta e no camiño dos colexios vellos, onde se mellorou o firme facilitando o tránsito de peóns e vehículos. A Deputada subliñou que “coa execución destas obras facemos posible que os veciños de Barreiros e da contorna gocen duns accesos totalmente renovados. Cómpre subliñar que se trata de vías que durante a temporada estival dan servizo a preto de 15.000 persoas, dado que o Concello multiplica a súa poboación no verán”.
Cos fondos achegados polo Executivo Provincial acometeuse a renovación dos accesos da Igrexa de Reinante á Casa Panta, camiño dos colexios vellos, Sarxende-Casa do Merlo, de Remior a Villaíde, Camiño Paco o Aparejador e acceso ao campo de fútbol de As Valgas. O Goberno da Deputación tamén achegou financiamento para a mellora de accesos en: camiño do Carajito, camiños nos Campos-San Miguel, Merlin, Remior-acantilado, Viladaide, do Souto, do Cabarqués, San Pedro-ctra de Remior, acceso ó pabellón, Cascabeiro-A Aspera, ponte de Barral-Ponte de Rexa, Rexa, de Igrexa San Xusto ao límite con Lourenzá e acceso á ponte Barranca.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



