Lugo, 21 de febreiro de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou no recibimento que lle fixo o club Pescados Rubén Burela FS ás súas xogadoras que veñen de proclamarse campioas e subcampioas na primeira Eurocopa Feminina de Fútbol Sala. No acto, Rivera Capón estivo acompañado polo Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, o Presidente do Club, Manuel Blanco, o tesoureiro, Alfredo Veiga, e o vogal, Rubén Blanco. O Goberno da Deputación colabora co Burela FS, achegando máis de 137.000 euros a través da liña de axudas destinadas a equipos que participan nas ligas de primeira e segunda categoría absoluta estatal.
Rivera Capón subliñou que “é toda unha honra contar na provincia de Lugo cun equipo como o Burela Fútbol Sala, que desde unha vila de apenas 10.000 veciños colleita grandes éxitos deportivos, é un gran exemplo de apoio ao deporte feminino e a integración social”.
200 deportistas de todas as categorías forman parte do Club Burela Fútbol Sala. Esta entidade deportiva comezou a súa andaina no 2001 coa sección masculina e foi incrementándose chegando a conformar en 2008 a categoría feminina. Nestes momentos o equipo masculino milita na Segunda División do fútbol sala nacional.
Pola súa banda, as súas compañeiras do equipo feminino, compiten na Primeira División Liga Foro 16 Feminismo, e contan nas súas filas con tres xogadoras que veñen de acadar o primeiro e segundo posto da I Eurocopa de Fútbol Sala Feminino. Patricia González Mota e Lucía Gómez González proclamáronse campioas coa Selección Española, título conseguido fronte á súa compañeira Jennifer Santos Rodrigues, da Selección de Portugal.
O Burela FS foi o primeiro club en asinar un Convenio Colectivo de Profesionais do Deporte Feminino en España para garantir os dereitos das súas xogadoras tales como a renovación automática en caso de embarazo e medidas para a conciliación familiar.
Referente da integración social a través do deporte
A provincia conta cunha gran potencialidade dentro do deporte feminino, así o entende o Executivo Provincial que incorpora nas bases das súas axudas de concorrencia competitiva baremos que valoran positivamente o deporte feminino e mixto.
Ademais, as categorías inferiores do Pescados Rubén de Fútbol Sala integran a máis de 140 rapaces de 9 nacionalidades estranxeiras, sendo Cabo Verde o país máis representado con 18 xogadores. Mozos de Senegal, Etiopía, Marrocos, Perú, Uruguai, Rusia e Brasil tamén forman parte deste equipo de Fútbol Sala que xa é un referente da integración social a través do deporte.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
