Lugo, 28 de febreiro de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto ás representantes da Asociación QuerENDO, Andrea López e Carmen Baamonde, presentaron, este xoves, no Pazo de San Marcos, unha pioneira campaña informativa para dar a coñecer á cidadanía a endometriose, unha doenza que consiste no crecemento anormal fóra do seu lugar habitual do tecido endometrial, e que afecta a preto de 7.000 mulleres na provincia da Lugo. A través desta campaña de visibilización da Deputación e a Asociación QuerEndo, repartiranse 15.000 dípticos, 300 carteis e 300 pegatinas, cos que se pretende contribuír a unha detección precoz da enfermidade.
López Izquierdo subliñou que “a endometriose afecta ao 10% da poboación feminina en idade fértil. O principal problema é o retraso á hora de diagnosticar esta doenza, pois de media tárdanse 8 anos dende a súa aparición. De aí que sexa tan importante concienciar ás mulleres afectadas para que conten cun diagnóstico precoz, pois un comezo temperán do tratamento desta enfermidade pode ser fundamental para paliar os seus efectos”.
Pola súa banda, Andrea López, agradeceu o apoio brindado polo Goberno da Deputación pois “unha campaña tan ambiciosa, tan global, dunha dimensión como a que hoxe presentamos no Pazo de San Marcos, está pensada para que as mozas que hoxe están nos centros educativos da provincia teñan a maior información posible sobre a endometriose e poidan realizar un diagnóstico temperán”.
Esta campaña de visibilización busca cumprir cun obxectivo claro: aportar información e coñecemento ás mulleres; para acadalo repartiranse 15.000 dípticos, 300 carteis e 300 pegatinas. Os dípticos, que contan co aval da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía, explican: que é o endometrio, en que consiste a endometriose, a que partes do corpo pode afectar, cal é a sintomatoloxía… Ademais, enviarase información e material informativo aos Concellos da Provincia, para que se sumen a esta campaña.
Esta iniciativa formativa engádese á campaña de visibilización desta doenza que realizou o Goberno da Deputación en colaboración con QuerEndo e o CB Breogán. O Pazo dos Deportes tinguiuse de amarelo, cor que representa esta enfermidade, no encontro contra o Real Madrid, difundindo así esta mensaxe entre un gran número de persoas de todo o estado. Ademais, o Executivo Provincial presentou ao Pleno de outubro unha proposta para mellorar a atención a mulleres con esta doenza e a divulgación informativa para un correcto diagnóstico e tratamento. Quedou aprobada cos votos en contra dos Deputados do Partido Popular.
QuerEndo
“QuerEndo. Mulleres con Endometriose” é unha asociación sen ánimo de lucro de mulleres afectadas pola doenza da endometriose. Dende que xurdira no ano 2015, persegue contribuír á axuda física, psicolóxica, e educativa de todas as mulleres afectadas por esta doenza e das súas familias, independentemente do grao ou estado da súa doenza.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.