Lugo, 28 de febreiro de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto co Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e o Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, participaron nun adestramento dos xogadores das categorías de base da ADF Porto Burela na Marosa, para comprobar os traballos realizados na renovación da iluminación do campo mariñao, grazas a unha aportación de 50.000 euros do Executivo Provincial. Estiveron acompañados polo director deportivo do club, Jaime Pérez.
O Deputado explicou que “estas actuacións responden a unha demanda por parte dos equipos que xogan e adestran neste campo. Trátase da substitución das luces existentes por 18 luminarias, que supoñen ademais da mellora da visibilidade, a redución de gasto enerxético en, polo menos, un 30%. Moitos equipos adestran nun horario no que xa non contan con luz natural, e con esta obra conseguimos potenciar a práctica deportiva e respectar o medio ambiente de toda esta zona”.
O Campo de herba artificial da Marosa, de titularidade municipal, é usado polos equipos de base da ADF Porto Burela onde xogan de locais, ademais de como campo de adestramento para os xogadores da SD Burela que milita en Primeira División Rexional. Estas actuacións no campo únense ás executadas recentemente para renovar os vestiarios e que contaron cunha achega de 100.000 euros da Deputación.
Unión entre a ADF Porto Burela e a SD Burela
Rivera Capón explicou que: “nesta temporada a ADF Porto Burela e o Burela SD decidiron continuar xuntos a súa andaina, agrupando as categorías de base co equipo sénior, grazas ao cal contan con preto de 100 licencias, o obxectivo desta unión é unha aposta que compartimos desde o Goberno da Deputación, pois pretende fomentar a base como canteira e así reforzar o equipo sénior”.
O 2018 foi un ano importante para o club mariñao, ademais da unión da Asociación para o Fomento do Deporte Porto Burela e da Sociedade Deportiva Burela, o equipo sénior acadou o ascenso a primeira categoría autonómica e conquistou a Copa Deputación, o que supuxo un premio de 6.000 euros, que se suman aos 4.000 euros de axuda que a AD Porto Burela acadou para sufragar gastos federativos e de temporada.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
