Lugo, 11 de febreiro de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, supervisaron os últimos traballos de acondicionamento e urbanización da Avenida de Ribadeo, que contan cunha achega do Executivo Provincial de 380.000 euros, e do Concello con 58.500 euros. Estes fondos permitiron humanizar o antigo tramo da antiga N-634 con novas beirarrúas, aparcamentos, nova instalación eléctrica, pluviais, así como a creación dun novo acceso á area comercial do Vilar.
Campos Conde remarcou que “con estes traballos cumprimos unha débeda histórica cos veciños de Ribadeo que demandaban unha mellora nas comunicacións co casco urbano, co fin de acercar a todos os usuarios e visitantes á zona comercial do Vilar. A partir de hoxe todos os visitantes e veciños poderán realizar todo este traxecto a pé dende o centro ata a area do Vilar, e poden facelo con novos accesos peonís seguros que cumpren coa eliminación de barreiras arquitectónicas, tal e como marca a normativa”, sinalou.
Acceso coa A8
A Avenida de Ribadeo atópase nunha zona de moito trafico de vehículos, por ser unha zona de entrada e saída do casco urbano de Ribadeo, e que ao mesmo tempo tamén dá acceso a A-8 na rotonda de Dompiñor. Ademais, esta vía, comunica o propio núcleo urbano de Ribadeo coa gran area comercial existente no Vilar, que ata de agora só se podía acceder mediante vehículos rodados, ao non existir ningún tipo de acceso peonil separado dos vehículos.
23 establecemos comerciais
Con cargo a este investimento permitiron humanizar esta Avenida que inclúe todo o tramo da antiga N-634 de titularidade municipal, con aglomerado e sinalización viaria, ademais de novas dotacións, como por exemplo, novas beirarrúas, aparcamento, nova instalación eléctrica con soterramento das torres de media tensión, novas tubarias de pluviais e de saneamento e arborado. Tamén se realizou un novo acceso a area comercial do Vilar, onde están ubicados 23 establecementos da vila, co fin de dar cumprimento á Lei de accesibilidade. Os establecementos que forman parte da area do Vilar son; 5 centros comerciais, 1 bar, 1 supermercado, 1 estación de servizo, 1 hotel, 1 tenda de construción, 3 concesionarios de coches, 2 bazares, 1 comercializadora de viños, 4 tendas de recambio de automóbiles, 1 taller de venta de motos, 1 panificadora, 1 lavado de vehículo.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



