Lugo, 18 de marzo de 2019.- Continuando co programa de roteiros “Fauna d’aquí”, o vindeiro domingo, 24 de marzo, ADEGA-Lugo organiza unha nova andaina por terras astur-galegas, desde San Tirso de Abres ata A Pontenova, seguindo a Ruta do Ferrocarril, nunha viaxe no tempo para coñecer o pasado da minería do ferro do antigo concello de Vilaoudriz.
Pertencente ás Terras de Miranda e no corazón da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a historia de A Pontenova vén marcada polo inicio da explotación dos xacementos de ferro por parte dunha sociedade vasca, a comezos do século XIX, ao adquirir un conxunto de minas situadas no concello de Vilaoudriz (actual A Pontenova). Destas minas extraíanse dúas clases de mineral: o hidróxido de ferro ou limonita e o carbonato cloritoso, que contiña fósforo. Este último comezaba a cotizarse en Europa co descubrimento do proceso de desfosforación do ferro en fornos de calcinación. Deste xeito, xurdiu o conxunto arqueolóxico industrial dos fornos de calcinación, realizados con cerámica de Sargadelos. A importancia desta actividade levou á construción dunha nova liña de ferrocarril, que se puxo en funcionamento no 1903, para transportar o mineral cara o porto de Ribadeo. En agosto de 1905, inaugurouse o servizo público de viaxeiros, converténdose nun medio de transporte mixto de carga e pasaxe.
Na actualidade, dos case 33 km do trazado ferroviario orixinal, unha terceira parte foi recuperada como itinerario peonil e ciclista, a Vía Verde do Eo ou Ruta do Ferrocarril.
Ao inicio da xornada, visitarase a Aula de Interpretación da Pesca, con distintos materiais antigos de gran calidade relacionados coa pesca de troitas, reos ou salmóns, testemuño histórico da abundancia de salmónidos no Eo. As persoas participantes poderán coñecer máis sobre a bioloxía, comportamento e principais causas da súa regresión, coa colaboración de Javier Méndez, experto en salmónidos, que falará da importancia da pesca sen morte para a súa conservación. Despois, do mesmo xeito que o salmón volta ao seu lugar de orixe para continuar co ciclo da vida, camiñarase pola Vía Verde do Eo, en dirección San Tirso-A Pontenova, seguindo o antigo trazado da liña ferroviaria.
PERCORRIDO
A lonxitude do roteiro será de 12,5 km (opcional: +1 km) e a dificultade baixa (opcional: media-baixa).
Partindo da antiga estación de tren de San Tirso, viaxarase a través dos seis túneles e da ponte ferroviaria, observando dúas das centrais eléctricas máis antigas do país. Pasando o Túnel da Central, desviarémonos ata as beiras do Eo, onde se construíu unha escala para facilitar o remonte dos salmóns. Seguindo camiño, chegarase ao Caseto da Vía, antigo almacén de carbón, onde remata o treito asturiano. Continuarase por Ervelle e Veiga da Pada, pasando preto do forno de O Boulloso, onde os/as máis ousados/as poderán ascender ata as minas de extracción de limonita. Rematarase o percorrido na antiga estación de tren de “Vilaoudriz” (A Pontenova) e no conxunto etnográfico dos fornos de calcinación.
RESERVA DE PRAZA
A reserva de praza deberá realizarse preferentemente a través do formulario de reserva da nova páxina web dos roteiros http://roteirosadegalugo.wordpress.com, aínda que tamén será posible facela por teléfono, no 982 240 299 ou no 670 260 440. As prazas cubriranse por orde de inscrición ata o xoves, 21 de marzo, ás 14:00h.
O pago deberá efectuarse por adiantado e mediante transferencia bancaria ao número de conta que se indicará unha vez formulada a solicitude, a fin de facer efectiva a reserva.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



