Vimos de asistir, na Galicia e no resto do Estado, á excepcional mobilización do Día da Muller, alicerzada na súa absoluta centralidade e grande transversalidade, xa que foi quen de xuntar mulleres de distintas opinióna ideolóxicas, xeracións e capas sociais, amosando o que lles unía, mais tamèn a rica pluralidade en matices e propostas dos movementos feministas.
Sendo certo o substancial avance en políticas de igualdade nos últimos trinta anos é moito máis rechamante a aceleración na toma de conciencia das mulleres no seu conxunto e a modificación substancial dos seus roles profesionais e sociais. Fronte a este grande avance feminino os homes, en xeral, non evoluímos coa mesma velocidade e moitos ficaron apreixados do seu desexo de manter o “status” de poder historicamente desenvolvido. O avance do empoderamento feminino sementa o medo de millóns de homes ancorados nos seus roles tradicionais. É unha nidia manifestación do medo ao cambio.
Este medo ao cambio explica tamèn o rexeitamento de moitos (normalmente os mesmos que rexeitan o empoderamento feminino) a respecto dos avances do movemento LGTB, que son percebidos como persoas que atentan contra a moral e a sociedade tradicionais. Lembran vostedes a loita da dereita contra o matrimonio homosexual e o dereito á adopción das persoas LGTB? O bus dos de HazteOir? Outra vez o medo ao cambio.
O medo ao cambio e a comodidade co vello que non morre está detrás do apoio de millóns de cidadáns ás propostas recentralizadoras, extremistas e supremacistas da Santa Alianza do tripartito das dereitas. Estas persoas medoñentas e reaccionarias perceben inimigos nos galegos, catalans, vascos ou valencianos que queremos desenvolver a nosa vida na nosa lingua en igualdade de oportunidades cos que falan castelán ou que arelamos que o noso País poida organizar a súa vida política e promover o seu benestar social e económico facendo uso do autogoberno ao que ten dereito anterior á Constitución.
O medo ao cambio amósase no tripartito das dereitas extremas, mais tamèn no vello PSOE de Felipe, Guerra, Paco Vázquez,Borrell, Celestino Corbacho, N. Redondo Terreros). Amósase na fosilización dunha Constitución que respostou a un pacto entre demócratas e franquistas claramente caduco 40 anos despois.
O medo ao cambio agora vehiculizouse a medio dun proxecto inequívocamente reaccionario que, como sempre que o novo tarda en nacer tentará atrasar os cambios que serán inevitábeis. Un proxecto reprsentado na Coroa como principal freo ao cambio.
A mutación constitucional no territorial, a operatividade do dereito a decidir das nacións do Estado, require artellarmos fórmulas tan inclusivas como a transversalidade e centralidade amosadas este 8-M polos movementos feministas.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



