Ribadeo, 12 de marzo de 2019. Seguen as actividades programadas pola Concellaría de Igualdade para este ano. Carme Adán presentará o libro Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión este sábado, 16 de marzo, ás 12 da mañá no salón de actos da Casa do Mar. Xunto á autora estará a concelleira Mariluz Álvarez Lastra.
Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade explican que “tras o éxito acadado na manifestación en Ribadeo e na convocatoria de folga xeral das mulleres, a Concellaría de Igualdade continúa coas actividades programadas ao longo deste ano. Seguimos con accións coeducativas nos centros educativos. Onte, 11 de marzo, en colaboración co CIFP Porta da Auga organizouse un contacontos para o alumnado de infantil do Colexio Público Gregorio Sanz e do Colexio Sagrado Corazón de Xesús. Esta actividade foi impartida polo alumnado do segundo curso do ciclo de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga. Está encadrada dentro da súa formación no eido da educación infantil, polo tanto é unha práctica e experiencia formativa importante e ao mesmo tempo contribúe a que os nenos e nenas de infantil dos centros educativos do Concello se vaian empapando de igualdade. O conto elixido nesta ocasión foi Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?”.
E engaden desde Igualdade que “o sábado teremos a presentación do libro Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión, de Carme Adán. Analiza a violencia contra as mulleres, as novas formas que adopta o patriarcado e a importancia que teñen as palabras para que a sociedade tome conciencia. Carme Adán presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 ata 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego. Foi presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galiza entre 2007 e 2009. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou Feminismos e coñecemento (2003), traducida ao castelán en 2006. En 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade xornalística na sección de opinión do Xornal de Galicia. Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a sección de Pensamento e Sociedade do Consello da Cultura Galega”.
E o 31 de marzo terá lugar o espectáculo teatral Anatomía dunha serea, da compañía teatral Chévere que versa sobre a violencia obstétrica.



























A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



