Compostela 7-3-19. Compromiso por Galicia sinala que é lamentable a posición de “En Marea” querendo xogar a representar os intereses dos galegos e galegas, cando na súa estratexia unicamente cabe a unión con forzas políticas ás que non lles interesa nada Galicia. “En Marea” representa unha trampa para Galicia, xa que supeditarán os seus intereses partidistas por manter os asentos en concellos como o de A Coruña, Santiago ou Ferrol, onde iran en listas conxuntas con Podemos e Esquerda Unida, pacto que trasladarán posteriormente tamén ás deputacións provinciais. Isto non sería nada novo, esta trampa xa a fixeran cando prometeran grupo propio galego e pasaron a ser unha axencia pequena de Podemos no Congreso dos deputados. Non é nada que xa non teña pasado con anterioridade.
“A INDIGNIDADE DA “EN MAREA” FAI PRECISO QUE EXPLIQUE COMO VAI PRESENTARSE NAS MUNICIPAIS, XA ESTÁ BEN DE XOGAR COA ILUSIÓN DA XENTE.”
“O camiño segue a ser unha Roga Galega, unha xuntanza estratéxica de partidos co centro de decisión no País, os galeguistas seguiremos explorando esta vía, aínda ca rotunda negativa do BNG e de “En Marea” sinalou o Secretario Xeral.
Dende Compromiso por Galicia lamentan profundamente o papel xogado por estas dúas formacións políticas a semana pasada, desatendendo as súas obrigas para co País e negando o diálogo, que é a base da política. Aínda así, dende Compromiso por Galicia asumen que non é unha batalla perdida e seguiran na procura de vías para xuntar o máximo de forzas políticas que teñan interese en defender a Galicia nunhas novas Cortes Xerais que poden marcar unha involución recentralizadora no estado.
Juan Carlos Piñeiro: “Seguiremos na vía do diálogo, na vía da política que entende a xente, na política de acadar que Galicia teña un peso político propio no estado.”
O secretario xeral galeguista, Juan Carlos Piñeiro, subliña a necesidade de que Galicia conte con forza política propia dentro do estado, na nova lexislatura saída das eleccións xerais do #28A. Vivimos momentos en que é precisa unha defensa forte dos intereses da cidadanía galega en Madrid. O importante é a presencia dunha forza política galega que defenda os intereses no social, no económico e tamén no referente ao autogoberno e a nosa cultura de País. O momento que está por vir pode ser unha época onde vivamos un forte golpe para o benestar dos galegos e galegas e unha tremenda patada aos nosos valores como pobo, un retroceso de corenta anos e unha disolución política da nosa identidade como galegos e galegas.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



