Viveiro 16-3-19. O Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal de Muller do Concello de Viveiro
INFORMA
Do ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS correspondentes aos Concursos de:
FOTOGRAFÍA AMATEUR “TRABALLOS E MULLERES”, sendo xurado José María Álvez (fotógrafo de El Progreso), Pepa Losada (fotógrafa de La Voz de Galicia), Saúl Jiménez (fotógrafo Carlos Fotógrafos) e Toño Goás (fotógrafo de Toño Goás – Entrefotos) resultando premiados:
1º premio.- LUIS MARÍA BARRIO. Foto “TEJEDORAS DE REDES03”
2º premio.- REYES CERDÁ MIRA. Foto “TODA UNA VIDA”
3º premio.- JUAN QUINTIÁ VALENCIA. Foto “O TRABALLO NA CASA E A DISCAPACIDADE”
DEBUXO ESCOLAR “MAMÁ TRABALLADORA”, sendo xurado Mª Carmen Franco (concelleira Educación), Lara Fernández Fernández-Noriega (concelleira Cultura e Muller) e Margarita Fernández (directora CIM Viveiro), resultando premiados/as:
3º E.P.- LOLA MARTÍNEZ MARTÍNEZ (CEIP Celeiro)
4º E.P.- NOA FERNÁNDEZ ABAD (CEIP Celeiro)
5º E.P.- PAULA CANDIA SALGUEIRO (CPR Landro)
6º E.P.- MARTA PÉREZ EGUIZÁBAL (CEP Lois Tobío)
convocados pola Delegación Municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres de Viveiro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller
DÍA: DOMINGO, 24 de marzo de 2019
HORA: 17:00 horas
LUGAR: Sala Multiusos do Concello de Viveiro























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



