Ribadeo 20-3-19. Como lembrarán os lectores que sigan o periplo, o dia 4 de marzo recibimos a resolución da Valedora do Pobo na que esixía ao concello de Ribadeo que nos dese resposta a unha pregunta formulada o 10 de setembro de 2018 sobre a concesión da licencia de actividade para os apartamentos da Illa Pancha. O motivo concreto da pregunta era a situación da fosa séptica, cuxo proxecto de legalización se publicou o 24 de agosto de 2018, despois de executar a obra en Abril de 2017.
Xa temos publicado abondosa información neste medio e non nos imos repetir. So suliñar que nos vimos obrigados a recurrir á Valedora do Pobo, en aplicación da Lei de Transparencia, ao non recibir resposta algunha do Sr. Alcalde de Ribadeo.
Agora, mais de seis meses despois de iniciado o proceso, concretamente o día 15.3.19 recibimos un escrito do concello que nos ofrece a posibilidade de consultar o expediente devandito perante os próximos 30 días.
Folgan comentarios, porque ter que agardar medio ano para que os veciños teñan que facer un traballo que non lles corresponde para recibir unha información que se houbese resolto en cinco minutos da unha idea moi clara da calidade da democracia municipal que impera en Ribadeo.
Iremos ver ese expediente e daremos conta dos resultados. Pero non podemos negar que levaremos a mosca detrás da orella, porque as experiencias vividas ao longo de cinco anos longos de ocultación e manipulación de información por parte do concello non convidan a ser moi optimistas. E sempre lembraremos aquelas declaracións do Sr. Alcalde ao diario El Pais en abril de 2015: “UN PREMIO PARA RIBADEO”, según a valoración do noso mandatario por aquelas datas .
COLECTIVO POR NUESTRO FARO




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



