Ribadeo, 7 de marzo de 2019. No Concello de Ribadeo celébranse esta tarde as comisións informativas preparatorias do pleno da vindeira semana. Entre os asuntos que se abordarán figura un expediente de modificación de crédito para inversións financeiramente sostibles, que inclúe un ambicioso proxecto para actuar en camiños do rural así coma outros que están a piques de iniciarse, por un montante total de 300.000 euros. Tamén se analizará un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 106.000 euros para efectuar o pago de facturas pendentes do pasado exercicio, así como unha modificación de suplemento de crédito para unha subvención a Acisa destinada a unha campaña singular de apoio ao comercio que se presentará dentro duns días. No pleno da vindeira semana tamén se someterá a aprobación o nomeamento do artista Suso Peña como fillo predilecto de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, contou que “varios son os asuntos que van ir ás comisións informativas desta tarde, que son preparatorias do pleno da semana que ven. Entre as máis importantes está un expediente de modificación de suplemento de crédito para inversións financeiramente sostibles. Xa ven sendo habitual nestes últimos anos que, grazas á xestión realizada, os resultados presupostarios dos últimos exercicios sempre contan con remanentes positivos. Hai que ter en conta que, desde o ano pasado, as novas medidas do Ministerio de Economía e Facenda acordaron que os Concellos puidéramos dispoñer destes remanentes para inversións, sempre que estivéramos liberados de plans de axuste, e hai que lembrar que isto aquí xa foi amortizado o ano anterior. Agora polo tanto podemos dispoñer deles para reforzar inversións para rúas, camiños ou outros fins”.
O rexedor explicou que “para todo isto xa estamos redactando os correspondentes proxectos nalgúns casos e noutros os procesos de licitación xa están moi avanzados como pode ser a rúa Carlos III e Sor Pilar der León, que nos próximos días se comezará a amañar, ou ben o camiño de A Faxarda ao cemiterio de Ribadeo que tamén nos vindeiros días empezará. Tamén estamos redactando proxectos para un ambicioso plan de camiños no rural, dividido nas parroquias da costa e do interior, que en breve presentaremos, e polo tanto queremos habilitar esta partida duns 300.000 euros para todas estas inversións”.
Suárez Barcia sinalou que “trataremos un suplemento de crédito para todas estas facturas que son dun ano contable, por exemplo do 2018, pero que os provedores por algún motivo, porque se esquecen ou polo que sexa, o presentan noutro ano diferente como é no ano 2019, para iso temos que facer o que se chama recoñecemento extraxudicial de crédito para darlles cabida na contabilidade anual. Isto importa a cantidade de 106.000 euros. Tamén dentro do ámbito económico imos levar unha modificación de suplemento de crédito para unha subvención a Acisa, destinada a unha campaña singular de apoio ao comercio local que estamos traballando nestes últimos tempos, e que dentro de poucos días daremos a coñecer”.
O alcalde relatou que “hai un punto que se trata da proposta de nomeamento do artista, finado xa hai uns anos, Suso Peña como Fillo Predilecto de Ribadeo. Hai que ter en conta que numerosas asociacións culturais tanto da vila como da comarca, así como moitas persoas a título individual, o viñeron demandando e o Concello propoñemos para que tome posición sobre este asunto”.
Fernando Suárez engadiu que “hai outro punto relativo a aspectos medio ambientais, que é unha proposta que ven directamente da Unión Europea para os Concellos, o que lle chaman eles o pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía. Está coordinado pola Xunta de Galicia e os Concellos se queremos podémonos adherir, e o Concello de Ribadeo por suposto que se quere adherir, para facer un estudo da situación de Ribadeo, para ver os indicadores ambientais, o plan de acción, etc…, e coordinados entre Concello, Xunta e Unión Europea poidamos facer medidas tendentes a tratar mellor o noso medio ambiente”.




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



