Cervo, 19 de marzo de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, acompañados por varias mulleres encaixeiras de San Cibrao, presentaron o XVI Encontro de Palilleiras que terá lugar o 6 de abril, no Pavillón da Veiga.
As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, aínda están a tempo de anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57). O aforo para os postos de venda de produtos relacionados coa actividade xa está completo cunha trintena de establecementos que se darán cita no evento.
Armada avanzou que este ano, ademais da tradicional demostración das artesás, “quixemos recuperar o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento consolidado que reúne, ano tras ano, a máis de medio milleiro de palilleiras procedentes de todos os recunchos de Galicia”.
O programa completo será o seguinte: a partir das 10:00 horas agárdase a chegada de todas as palilleiras que irán tomando posición no pavillón acondicionado para a ocasión, a inauguración está prevista para as 12:30 horas. As encaixeiras estarán a realizar traballos coas súas mans durante toda a xornada, e terán expostas diferentes pezas para o público visitante.
Ás 14:00 horas, como cada ano, terá lugar a visita á Fabrica de Cerámica de Sargadelos; e, logo do xantar, sobre as 16:00 horas, terá lugar o desfile que non deixará indiferente a ninguén, no que se exhibirán 36 traxes de liño con encaixe e diferentes complementos.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



