Lugo, 2 de marzo de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, avanzou que o Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno a nova convocatoria de axudas a deportistas individuais lucenses, aumentándoas nun 20%. Son un total de 185 bolsas que se distribuirán en réxime de concorrencia competitiva e que suman, no seu conxunto, 85.500 euros. O prazo de solicitude das mesmas abrirase, probablemente, nas vindeiras semanas, logo da súa publicación na Base Nacional de Subvencións e no BOP.
Rivera Capón destacou que “trátase da contía máis alta de axudas a deportistas individuais que ofrecemos, pois queremos recoñecemos o esforzo dos nosos deportistas, que son os mellores embaixadores que podemos ter, pois levades o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacional e estranxeiro.
“Somos conscientes das dificultades que supón hoxe en día a práctica deportiva profesional, polos elevados custes de desprazamentos, inscricións en competicións ou material técnico, dificultades que se incrementan no caso dos deportes individuais, por iso quixemos estar ao voso carón e axudarvos, na medida do posible, con estas axudas”.
Son axudas de concorrencia competitiva, que van dos 300 aos 1.500 e aos que todos os deportistas lucenses interesados poderán concorrer. Na súa concesión, teranse en conta aspectos como os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais, así mesmo valóranse a integración grazas as bolsas dedicadas integramente a deportistas con capacidades diferentes.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
