Mondoñedo 232-3-19. Para o centro é un privilexio dispoñer dun simulador de última tecnoloxía no centro co cal forman, non só ao alumnado (futuros pilotos de procesadoras e autocargadores) senón tamén a persoas relacionadas co sector forestal, en colaboración coa asociación provincial da madeira.
Só hai tres centros en Galicia que dispoñan deste simulador, e na provincia de Lugo é o único, polo que a directiva aproveita a ocasion para animar a alumnado entre 18 e 30 anos, con ganas de incorporarse ó mundo laboral forestal, a matricularse no ciclo medio en modalidade dual no que, ademais, disporán de prácticas remuneradas nas melllores empresas forestais da Mariña.
Os interesados poden informarse sobre os ciclos no IES San Rosendo. Dende mediados de xuño a principios de xullo estará aberta a preinscripción dos mesmos
